Guanajuato - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización | ||
---|---|---|
| ||
Estado | México | |
Estado federado | Estado de Guanajuato | |
Concello | Guanajuato ![]() | |
Capital de | ||
Poboación | ||
Poboación | 194.500 (2020) ![]() | |
Xeografía | ||
Superficie | 996,74 km² ![]() | |
Altitude | 2.045 m ![]() | |
Datos históricos | ||
Fundador | Antonio de Mendoza (pt) ![]() ![]() | |
Creación | 1546 ![]() | |
Organización política | ||
Membro de | ||
Identificador descritivo | ||
Código postal | 36000 ![]() | |
Fuso horario | ||
Prefixo telefónico | 473 ![]() | |
Outro | ||
Irmandado con | Zacatecas | |
Sitio web | guanajuatocapital.gob.mx ![]() | |
![]() |
Guanajuato é unha cidade mexicana, capital do estado de Guanajuato.
A súa orixe é precolombiana. Os aztecas chamábana "Paxtitlan", que significa "palleiro", mais o nome de agora provén da lingua purépecha, de "Quanaxhuato", que quere dicir "lugar cheo de ras".
As minas de ouro e prata foron a principal riqueza da cidade e da rexión. Na guerra de independencia, Miguel Hidalgo liderou unha importante batalla aquí. Hai en Guanajuato unha importante actividade universitaria. A cidade histórica é Patrimonio da Humanidade, xunto ás minas adxacentes.
Guanajuato, aínda que é a capital do estado, é apenas a quinta maior cidade, detrás de Léon, Irapuato, Celaya e Salamanca. A poboación do censo de 2005 foi de 171.709 persoas. Ten unha extensión de 78 km ².