Constante de Hubble - Wikipedia, a enciclopedia libre
- ️Thu Aug 01 2019
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A constante de Hubble, designada como H0, é o parámetro fundamental da lei de Hubble. O seu significado é a razón da velocidade actual de separación entre galaxias distantes e a súa distancia de separación. O seu inverso é proporcional á idade estimada do universo. Estímase entre 67,4 km·s−1·Mpc−1 (medida máis aceptada) e 74,03 km·s−1·Mpc−1, estando en 2019 diversos equipos, con diferentes técnicas, ocupados en corroborar un ou outro resultado.[1]
- ↑ Atlee, Jessica. "The 9 percent difference". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2019-08-01.