Huelva - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | España | ||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||
Provincia | Provincia de Huelva ![]() | ||
Capital de | |||
Contén a división administrativa | Huelva (pt) | ||
Poboación | |||
Poboación | 143.290 (2024) ![]() | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Superficie | 149.000.000 m² ![]() | ||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | ||
Altitude | 54 m ![]() | ||
Comparte fronteira con | |||
Santo padrón | Sebastián ![]() | ||
Organización política | |||
• Alcaldesa ![]() | Pilar Miranda Plata (2023–) ![]() | ||
Identificador descritivo | |||
Código postal | 21001 y otros ![]() | ||
Fuso horario | |||
Código INE | 21041 ![]() | ||
Outro | |||
Irmandado con | |||
Sitio web | huelva.es ![]() | ||
![]() |
Huelva[1] é unha cidade e concello español, capital da provincia de Huelva, en Andalucía. Está situada na costa suroeste de España, na confluencia dos ríos Tinto e Odiel, que forman a Ría de Huelva. O municipio ten unha extensión de 149 km², e a súa poboación en 2010 era de 149.310 habitantes.
Huelva atópase localizada nunha pequena península confluencia dos ríos Tinto e Odiel, na chamada terra chaira pertencendo á conca do Guadiana. Está situada a escasos quilómetros do mesmo, do que o separan unha ría e varias illas. Os dous ríos fusiónanse no punto coñecido como Punta do Sebo (ou Península de Huelva ou Anicoba). A altitude media varía desde os cero aos cincuenta e catro metros sobre o nivel do mar.
O clima é moi benigno, pois é de transición entre subtropical (de variedade bética) e temperado (de variedade mediterránea). A temperatura é suave grazas a ter preto o mar, posto que a súa brisa arrefría o caloroso clima.
O poboamento onubense comeza a ter grande importancia na Idade de Bronce, adquirindo o seu auxe durante a civilización tartéssica (en torno aos séculos VIII e VI antes de Cristo). En séculos posteriores comezan a chegar comerciantes fenicios e gregos. Durante a época romana, o lugar que corresponde á provincia é chamada Beturia (entre o Betis, o Guadalquivir, e o Anas, o Guadiana), está poboado polos celtici, e máis tarde existe Onuba Aesturiana. Durante a época visigoda ten maior importancia a localidade de Niebla. Ao conquistar a cidade os musulmáns, chámana Welba. A cidade é reconquistada por Afonso X o Sabio. En 1873, as minas de Riotinto converten a Huelva nun importante porto. Os novos polígonos industrias do século XX fan que Huelva aumente considerablemente a súa poboación.
As principais industrias onubenses son as relacionadas coa química e a pesca (Huelva conta cun importante porto pesqueiro, unha ampla frota e unha longa tradición mariñeira). O marisco e peixe onubenses gozan dunha significativa fama. O porto de Huelva é un dos de maior actividade de España, grazas a construcións portuarias de finais do século XX.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para onubense.
- www.ayuntamientohuelva.esArquivado 05 de maio de 2006 en Wayback Machine. (en castelán)