Impresora - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3a/Canon_S520_ink_jet_printer.jpg/220px-Canon_S520_ink_jet_printer.jpg)
Unha impresora[1] é un dispositivo periférico que serve para converter información dixital en información impresa. A velocidade de impresión mídese polo número de caracteres por segundo e pola cantidade de páxinas por minuto que pode imprimir a impresora. A calidade de impresión ou resolución da impresora mídese pola cantidade de puntos por polgada que pode imprimir.
A impresora conéctase ao ordenador por medio dun porto paralelo ou os máis recentes mediante USB.
- Impresora de matriz de puntos é un tipo de impresora de impacto no que se realiza a impresión ao bater a cabeza contra unha cinta impregnada de tinta. Non poden imprimir gráficos ou imaxes, e aínda que moi rápidas, son tamén moi ruidosas.
- Impresora de inxección de tinta, é o tipo de impresora máis común entre os particulares e no pequeno negocio.
- Impresora láser, funciona de xeito semellante a unha fotocopiadora
- Impresora 3D é un tipo e impresora que fabrica obxectos sólidos.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para impresora.