Inma Chacón - Wikipedia, a enciclopedia libre
- ️Thu Dec 04 2003
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(2012) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Inmaculada Chacón Gutiérrez ![]() 3 de xuño de 1954 ![]() Zafra, España ![]() |
Educación | Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura ![]() |
Ocupación | escritora, poetisa ![]() |
Empregador | Universidade Rei Xoán Carlos ![]() |
Pseudónimo literario | Inma Chacón ![]() |
Familia | |
Pai | Antonio Chacón Cuesta ![]() |
Irmáns | Dulce Chacón (escritora) ![]() |
![]() |
Inmaculada Chacón Gutiérrez, nada en Zafra (provincia de Badaxoz) o 3 de xuño de 1954, é unha narradora e poeta española, máis coñecida como Inma Chacón. É irmá xemelga de Dulce Chacón.[1][2]
Naceu en Estremadura nunha familia conservadora, aristócrata, de dereitas e do bando nacional, segundo palabras da súa irmá.[3] O seu pai, Antonio Chacón —alcalde de Zafra durante o franquismo— tiña inquietudes literarias: escribía poemas[4] co pseudónimo de Hache[3] e lía poesía á súa familia. Faleceu cando Inma e Dulce tiñan 11 anos. María Gutiérrez, a nai, tamén afeccionada á literatura,[5] partiu coas nenas ao ano seguinte a Madrid, onde se instalaron.[6]
Doutora en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, é profesora de Documentación na Universidade Rei Xoán Carlos. Foi decana da facultade de Comunicación e Humanidades na Universidade Europea de Madrid, fundadora e directora da revista dixital Binaria e directora do Doutoramento en Comunicación, Auxe Tecnolóxico e Renovación Sociocultural. Colabora con diversos medios escritos, e desde finais de 2005 é columnista de El Periódico de Extremadura.
A súa primeira novela, La princesa india, é unha homenaxe á súa irmá, pois era unha historia que ela quería escribir cando enfermou de cancro. Dulce pediulle a Inma que realizase ese proxecto, e ela decidiuse logo de atopar un colgante.[7]
En 2011 resultou finalista do Premio Planeta de Novela coa súa cuarta novela, Tiempo de arena. A escritora comentou daquela que agardaba que ese galardón lle dese identidade propia como autora, porque até entón houbera unha forte tendencia a identificala coa súa irmá.[8][9]
- La princesa india (Alfaguara, 2005; novela)
- Alas (Ellago, 2006; poesía)
- Urdimbres (Ellago, 2007; poesía)
- Las filipinianas (Alfaguara, 2007)
- Nick (La Galera, 2011; novela xuvenil)
- Antología de la herida (Musa a la 9, 2011; poesía)
- Tiempo de arena (Planeta, 2011; novela)
- Mientras pueda pensarte (Planeta, 2013; novela)
- Tierra sin hombres (Planeta, 2016; novela)
- Las Cervantas. Obra de teatro escrita en colaboración con José Ramón Fernández para un proxecto de la Biblioteca Nacional de España, 2016.[10][11]
- Finalista do Premio Planeta de Novela 2011 con Tiempo de arena
- ↑ "Biografía de Inma Chacón". Lecturalia. Consultado o 25 de febreiro de 2011.
- ↑ "Biografía de Dulce Chacón". Lecturalia. Consultado o 4 de xuño de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 Monográfico del Círculo de Lectores
- ↑ País, El (2003-12-04). "Dulce Chacón pierde su batalla contra la muerte". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-10-16.
- ↑ "Entrevista a Inma Chacón". conoceralautor.com (en castelán). 20 de xullo de 2009. Archived from the original on 04 de marzo de 2016. Consultado o 16 de outubro de 2023.
- ↑ "Inma Chacón en escritoras.com". escritoras.com (en castelán). Consultado o 2023-10-16.
- ↑ Aguilar, Andrea (2005-05-20). "Inma Chacón rinde homenaje a su hermana Dulce con 'La princesa india'". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-10-16.
- ↑ Redacción/EFE (16 de outubro de 2011). "Inma Chacón: El Planeta me va a dar una identidad propia". abc.es (en castelán). Archived from the original on 26 de outubro de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2023.
- ↑ Morán, David (16 de outubro de 2011). "Javier Moro gana la 60ª edición del Premio Planeta". abc.es (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2023.
- ↑ "El montaje Las Cervantas, que formará parte del XXVII Festival de Teatro Clásico de Cáceres, se presenta en Madrid". Región Digital (en castelán). 29 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2016. Consultado o 17 de maio de 2016.
- ↑ "Presentación de Las Cervantas, pieza dramática escrita por Inma Chacón y José Ramón Fernández". Biblioteca Nacional de España (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2016.
- Inma Chacón na web de Alfaguara]
- "Inma Chacón escribe el libro que su hermana gemela Dulce soñó", artigo de Carmen Sigüenza en El Mundo, 19 de maio de 2005 (en castelán)