Isère - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Isère (fr) Isèra (oc) Isera (frp) ![]() | |||
Epónimo | Río Isère ![]() | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
| |||
Estado | Francia | ||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||
Rexións | Auvernia-Ródano-Alpes ![]() | ||
Capital | Grenoble ![]() | ||
Contén a división administrativa | |||
Poboación | |||
Poboación | 1.291.380 (2022) ![]() | ||
Xeografía | |||
Superficie | 7.431 km² ![]() | ||
Altitude | 846 m ![]() | ||
Punto máis alto | Pic Lory (4.088 m) ![]() | ||
Comparte fronteira con | |||
Creación | 4 de marzo de 1790 ![]() | ||
Organización política | |||
• Presidente ![]() | Jean-Pierre Barbier (2015–) ![]() | ||
Identificador descritivo | |||
Fuso horario | |||
ISO 3166-2 | FR-38 ![]() | ||
Código NUTS | FR714 ![]() | ||
Código de departamento INSEE | 38 ![]() | ||
Sitio web | isere.fr ![]() | ||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Isère é o departamento número 38 de Francia, localizado na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes.
Isère tira o seu nome do afluente da beira dereita do río Ródano e do "país" (latín pagus) que o bordea. A etimoloxía vén do celta Isar,[Cómpre referencia] é dicir, "o ferro", mineral que debía ser abandonado ó longo das beiras do Isère na época prehistórica.
En tanto que departamento, Isère foi creado durante a Revolución francesa, o 4 de marzo de 1790 en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789, a partir dunha parte da provincia do Delfinado.
Os seus límites co departamento de Ródano foron moitas veces modificados, sobre todo en 1852 e en 1967, amputando o Isère que se estendía inicialmente ata Villeurbanne.
O departamento de Isère forma parte da rexión de Auvernia-Ródano-Alpes. Linda cos departamentos de Ródano, Ain, Savoia, Altos Alpes, Drôme, Ardèche e Loira.
Debe o seu nome ó río Isère, que o atravesa polo fondo do val do Grésivaudan (tamén chamado Graisivaudan).
Este departamento ten moitos contrastes: ao norte as Terras Frías, terra de vales; no centro-este o macizo da Chartreuse; despois, na beira esquerda do Isère os macizos de Belledonne, de Grandes-rousses, de Ecrins (punto culminante do departamento a 4.102 m) e o macizo de Vercors ó oeste.