Jane Addams - Wikipedia, a enciclopedia libre
- ️Sun Jun 26 2022
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jane Addams, nada en 1860 en Cedarville (Illinois) e finada en Chicago en 1935, foi unha traballadora social e reformadora norteamericana.
Foi educada entre os Estados Unidos e Europa, en 1899 funda con Ellen Gates Starr a coñecida como Hull House en Chicago, o primeiro centro de axuda social nos Estados Unidos, influído polo Toynbee Hall do East End de Londres (fundado en 1884 por Samuel Barnett).
Socia da Liga Antiimperialista de América e fundadora da Unión das Liberdades Civís de América. En 1911 foi elixida presidenta da National Foundation of Settlements and Neighborhodd Centers, entre 1915 e 1954 foi presidenta da Liga Internacional das Mulleres pola Paz e a Liberdade.
En 1931 recibiu o Premio Nobel da Paz.[1]
- ↑ "The Nobel Peace Prize 1931". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2022-06-26.