gl.wikipedia.org

Jo Nesbø - Wikipedia, a enciclopedia libre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaJo Nesbø

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(no) Jon Nesbø Editar o valor en Wikidata
29 de marzo de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Oslo, Noruega Editar o valor en Wikidata
EducaciónNorwegian School of Economics (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónnovelista, cantante, guionista, economista, filántropo, futbolista, xornalista, escritor de literatura infantil, escritor, produtor delegado Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor en Wikidata -
Membro de

Di Derre (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Xénero artísticoFicción detectivesca Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1977– Molde FK
Familia
IrmánsKnut Nesbø Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Iedereen Leest (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio webjonesbo.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1867674 Allocine: 514031 Allmovie: p697682
Facebook: jonesboauthor BNE: XX4844125 Musicbrainz: b4c690d5-9854-4bee-91c4-cee9098e808d Songkick: 551687 Discogs: 623165 Genius: Jo-nesb Editar o valor en Wikidata

Jo Nesbø, nado en Oslo o 29 de marzo de 1960, é un escritor e músico noruegués.

Criado en Molde, xogou ao fútbol na súa mocidade, integrándose con dezasete anos no Molde FK, gañou en 1978 a final da Norway Cup[1], non obstante por mor dunha lesión no xeonllo deixou de xogar. Graduouse en económicas na Escola Norueguesa de Economía. Traballou coma xornalista por conta propia e coma corrector de bolsa antes de iniciar a súa carreira coma escritor. É principalmente coñecido pola súa serie de novelas criminais sobre o detective Harry Hole; así, tras o éxito da primeira novela da saga, decidiu consagrar o seu tempo á escritura e á súa outra paixón: a música. É vocalista e compositor da popular banda de rock norueguesa Di Derre. Entre as súas publicacións tamén se atopan libros para nenos.

Gardando certa semellanza coa obra do escritor Roald Dahl, narra as aventuras dun inventor.

  • Doktor Proktors prompepulver (2007)
  • Doktor Proktors tidsbadekar (2008)
  • Stemmer fra Balkan/Atten dager i mai, con Espen Søbye, documental (1999)
  • Karusellmusikk, relatos curtos (2001)
  • Det hvite hotellet (2007)
  • Hodejegerne (2008)
  • Premio Riverton á Mellor Novela de Crime Noruega do Ano por Flaggermusmannen (1997)
  • Premio Chave de Cristal á Mellor Novela de Crime Nórdica do Ano por Flaggermusmannen (1998)
  • Premio Noruegués de Supervendas á Mellor Novela do Ano por Rødstrupe (2000)
  • Doazón Mads Wiel Nygaards por Sorgenfri (2002)
  • Premio á Mellor Novela de Crime Noruega de Tódolos Tempos por Rødstrupe (2004), concedido polas asociacións de lectores de Noruega
  • Mención de honra especial á Excelencia en Literatura de Crime Estranxeira outorgada pola Academia Finesa de Escritores de Crimes por Marekors (2007)
  • Candidato á Daga Internacional "Duncan Lawrie" por Rødstrupe (2007)
  • Premio Noruegués de Supervendas á Mellor Novela do Ano por Snømannen (2007)
  • Candidato ao Premio Ark de Literatura Infantil á Mellor Novela Infantil do Ano por Doktor Proktors prompepulver (2007)
  • Premio da Asociación de Lectores de Noruega á Mellor Novela do Ano por Snømannen (2008)
  • Candidato ao Premio Noruegués de Supervendas por Hodejegerne e Doktor Proktors tidsbadekar (2008)
  1. Thorleif Sandmoe (16.10.1978). «Ny Fuglset i Molde?». VG.