John Benjamin Toshack - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 22 de marzo de 1949 ![]() Cardiff, Reino Unido ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Gales ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() |
John Benjamin Toshack, OBE, nado en Cardiff o 22 de marzo de 1949, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol galés. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección galesa. Actualmente adestra o Wydad Casablanca.
Toshack comezou a súa carreira no Cardiff City e, tras varios anos no club galés, foi contratado polo Liverpool FC en novembro de 1970. Durante a súa estadía no club inglés marcou 96 goles, gañando a Premier League nos anos 1973, 1976 e 1977, a Copa de Inglaterra no ano 1974, a Copa de Europa en 1977 e 1978 e a Copa da UEFA nos anos 1973 e 1976.
Con todo, a súa carreira estivo inzada de lesións e acabou sendo traspasado como adestrador-xogador ao Swansea City en 1978.
Foi internacional con Gales en varias categorías. Como internacional absoluto xogou 40 partidos, marcando 12 goles.