Joris-Karl Huysmans - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Charles-Marie-Georges Huysmans ![]() 5 de febreiro de 1848 ![]() París, Francia ![]() |
Morte | 12 de maio de 1907 ![]() París, Francia ![]() |
Causa da morte | cancro de labio e cavidade oral ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse, 2 ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Educación | Lycée Saint-Louis (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Tilburgo (pt) ![]() Haarlem Delft Ámsterdam Tilburgo (pt) ![]() A Haia ![]() |
Ocupación | escritor, autor, novelista, crítico de arte, crítico literario ![]() |
Empregador | Ministerio do Interior de Francia (1866–) ![]() |
Membro de | Académie Goncourt (en) |
Movemento | Naturalismo, Decadentismo e Simbolismo ![]() |
Influencias | |
Pseudónimo literario | A. Meunier ![]() |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito ![]() |
Participou en | |
Catholic literary revival (en) ![]() ![]() |
|
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | sen valor ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Enciclopedia de Otto Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0a/Huysmans_par_Taponier_1904.jpg/220px-Huysmans_par_Taponier_1904.jpg)
Charles Marie Georges Huysmans, coñecido como Joris-Karl Huysmans, nado en París o 5 de febreiro de 1848 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1907, foi un escritor francés. Os traballos de Huysmans expresan un desgusto pola vida moderna e un profundo pesimismo, que conectou o autor primeiro co filósofo Schopenhauer e, máis tarde, tras o rexeitamento da súa primeira etapa, cos postulados da Igrexa católica.
Descendente dunha longa liña de pintores flamengos, tivo unha mocidade dolorosa (a súa nai volveu casar cun home de negocios, protestante: Jules Og). Estudou leis e ingresou como funcionario do Ministerio do Interior. Publicou pola súa conta en 1874 un conxunto de poemas titulado Le Drageoir à épices. As súas primeiras obras, como Marthe, histoire d’une fille (1876) e Les Sœurs Vatard (1879), estaban inspiradas polo naturalismo de Émile Zola. Acudía ás veladas do grupo de Médan, para o que colaborou cun conto: Sac au dos no que fala sobre os seus recordos militares. O libro colectivo publicado: Les Soirées de Médan constitúe o Manifesto do Naturalismo. As súas obras están por entón (1881-1882), cheas de vidas sen brillo e dun eslamiado día a día e xa aparece o seu desgusto por un mundo moderno composto por bribóns e imbéciles.
En A contrafío (1884) novela que se converteu en modelo do decadentismo rompe claramente coa estética naturalista; as tendencias ao artificio do protagonista, o marqués Jean des Esseintes, son, no fondo, impulsos cara a un ideal. Sobre a novela Là-bas escribiu Luis Buñuel un guión con Jean-Claude Carrére que non chegou a filmarse. Volveu ao seo do catolicismo en 1892; as súas novelas En route (1895) e La Cathédrale (1898) están dedicadas a narrar a súa experiencia relixiosa. Retirouse ao mosteiro dos beneditinos en París, cidade na que morreu. Está enterrado no cemiterio de Montparnasse.
- Marthe, histoire d’une fille (1876)
- Les Sœurs Vatard (1879)
- En ménage (1881)
- A contrafío[1] (À rebours no orixinal francés) (1884)
- Là-bas (1891)
- En route (1895)
- La Cathédrale (1898)
- L'Oblat (1903)
- Les Foules de Lourdes (1906)
- Le Drageoir aux épices (prosa poética, 1874)
- Sac au dos (relato aparecido en Les Soirées de Médan, 1880)
- Croquis parisiens (prosa poética, 1880)
- À vau-l’eau, (1882)
- L’Art moderne (crítica de arte, 1883)
- En rade (novela, 1887)
- Un dilemme (relatos, 1887)
- La Retraite de monsieur Bougran (relatos, 1888 ; publicación póstuma 1964)
- Certains (crítica de arte, 1889)
- La Bièvre (monografía, 1890)
- La Bièvre et Saint-Séverin (monografía, 1898)
- Les Gobelins ; Saint-Séverin (monografía, 1901)
- Sainte Lydwine de Schiedam (haxiografía, 1901)
- De tout (compilación de artigos, 1902)
- Trois Primitifs (crítica de arte, 1905)
- Trois Églises (monografía, publicación póstuma 1908)
- ↑ Traducida ao galego por Isabel Soto e publicada en 2016.
- Huysmans.org, páxina web con diversas información sobre o autor e a súa obra. (en francés)