gl.wikipedia.org

José María Pardo Montero - Wikipedia, a enciclopedia libre

  • ️Mon Oct 26 2015

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaJosé María Pardo Montero
Biografía
Nacemento1930 Editar o valor en Wikidata
Sobrado, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de outubro de 2015 Editar o valor en Wikidata (84/85 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
10 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989

Circunscrición electoral: Pontevedra


Deputado no Congreso dos Deputados
2 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989

Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputado do Parlamento de Galicia
12 de decembro de 1981 – 20 de outubro de 1985

Circunscrición electoral: Provincia de Pontevedra

Senador de España
1 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982

Circunscrición electoral: Lugo (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
4 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo


Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

BUSC: pardo-montero-jose-maria


José María Pardo Montero, nado en Sobrado o 24 de setembro de 1930 e finado en Lugo o 25 de outubro de 2015, foi un avogado e político galego.

Estudou o bacharelato en Santiago de Compostela e licenciouse en Dereito na USC. Exerceu como avogado en Vilalba. Casou con Ángeles Hortal Espinosa.

Como home público, tivo unha longa traxectoria política. Foi deputado de UCD por Lugo na lexislatura constituínte (1977-1979), logo senador na I lexislatura (1979-1982), parlamentario autonómico en 1981 e deputado por Pontevedra na III Lexislatura (1986-1989). En 1979 foi nomeado Conselleiro de ordenación do territorio, urbanismo e transportes da Xunta preautonómica. O 11 de abril de 1987 como representante do Partido Liberal, constituíu na Coruña a Coalición Progresista Galega, con Fernando García Agudín, por Coalición Galega e Enrique Marfany polo PDP.

Contribuíu á dinamización económica de Lugo desde o seu cargo como presidente de Caixa Rural Galega, que se converteu (dende 1986)[1] en tal na súa presidencia a partir da Caixa Rural de Lugo.

  1. "Falece José María Pardo Montero, presidente de Caixa Rural Galega". El Progreso de Lugo. 2015-10-26. Consultado o 2020-03-29.