Juan Arza - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 12 de xuño de 1923 ![]() Lizarra, España ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 17 de xullo de 2011 ![]() Sevilla, España ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | El niño de oro ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,69 m ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
Juan Arza Iñigo, nado en Estella (Navarra) o 12 de xuño de 1923 e finado en Sevilla o 7 de xullo de 2011, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.
Comeza a xogar no equipo afeccionado La Bomba, pasando despois á Acción Católica e ao CD Izarra
Tras pasar polo Deportivo Alavés e o CD Málaga en 1943 ficha polo Sevilla FC por un prezo de 90.000 pesetas, a fichaxe máis cara da historia do club, polo que foi alcumado O neno de ouro.
Xogou no equipo sevillano 16 tempadas en Primeira División, disputando 349 encontros e marcando 182 goles.
A súa carreira como adestrador tamén está moi ligada ao Sevilla, a quen dirixiu en varias etapas, pero tamén adestrou a outros equipos, como por exemplo ao Celta de Vigo con quen chegou a xogar a Copa da UEFA.
Juan Arza chegou ao Celta na tempada 1969–70 para suplir a Roque Olsen, facendo bo papel nos sete encontros que faltaban para o remate da tempada, o que lle valeu a permanencia ao club.
A segunda tempada de Arza no Celta foi espectacular, xa que o equipo pasou de loitar polo descenso a clasificarse para disputar a Copa da UEFA, converténdose así no primeiro equipo galego en conseguilo, cun final de gran final de tempada gañandolle a Real Madrid e Sevilla FC por 2-0. Nese equipo destacaban xogadores como: Rodilla, Hidalgo, Gabriel Lezcano, Almagro, Rivera o Pedrito, entre outros moitos.
Na tempada 1971–72 o equipo volve ter problemas para manter a categoría e na que quedou eliminado na primeira rolda da Copa da UEFA ante o Aberdeen escocés. Ao final de tempada foi traspasado ao Sevilla FC por tres millóns de pesetas. Foi substituído por Pedro Dellacha, que viña de levar a CA Independiente á final da Copa Intercontinental
Porén volveria a Vigo na tempada 1973–74, aínda que ao final da mesma deixariao outra vez para adestrar a Cádiz CF e Deportivo da Coruña e volver a Vigo en 1980 e tentar salvar ao equipo do descenso a Segunda División B, obxectivo que non acadaría e ao final de ano descendería xunto a Gimnàstic de Tarragona, CD Algeciras e Deportivo da Coruña.
Despois dese ano Juan Arza retirouse dos banquiños.