gl.wikipedia.org

Juan Viaño - Wikipedia, a enciclopedia libre

  • ️Tue Nov 04 2014

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaJuan Viaño

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xullo de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Boqueixón, España Editar o valor en Wikidata
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
2014 – 2018
← Juan Casares LongAntonio López Díaz → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Director de teseAlfredo Bermúdez de Castro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemático Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoJosé Manuel Rodríguez Seijo, Lino José Álvarez-Vázquez, Ángel Daniel Rodríguez Arós, José R. Fernández (pt) Traducir e Marco A. Campo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

BNE: XX929429 BUSC: viano-rey-juan-manuel-1955 Dialnet: 214503

Juan Manuel Viaño Rey, nado en Boqueixón o 4 de xullo de 1955, é un matemático galego, que ocupou o posto de reitor da Universidade de Santiago de Compostela.

Licenciado de Matemáticas,é catedrático de Matemática aplicada na Universidade de Santiago de Compostela. Na universidade, foi xefe do departamento de Matemáticas aplicadas entre 1986 e 1992, decano da facultade de Matemáticas entre 2001 e 2009 e vicerreitor no equipo de goberno de Senén Barro, entre 2002 e 2010.

Politicamente defínese como socialdemócrata[1] e foi concelleiro do PSdeG en Boqueixón.

Inauguración das xornadas Abril Oteriano 2018 no Salón de Pleno do Colexio de Fonseca.

Candidato a reitor nas eleccións de 2014, impúxose ao outro candidato, Antonio López Díaz, para suceder a Juan Casares Long por unha estreita marxe de 1.988 votos a 1.914, cunha diferenza de unicamente 25 votos ponderados[2]. En 2018 volveu postularse para a re-elección como reitor, pero foi derrotado nesta ocasión polo xurista Antonio López Díaz[3].