Juan de Herrera - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan de Herrera de Maliaño ![]() 1530 ![]() Roiz, España ![]() |
Morte | 15 de xaneiro de 1597 ![]() Madrid, España ![]() |
Educación | Universidade de Valladolid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, matemático ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Great Soviet Encyclopedia (1950–1958) (en) ![]() ![]() |
![]() |
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e9/El_Escorial.jpg/220px-El_Escorial.jpg)
Juan de Herrera, nado en Mobellán (Cantabria) en 1530 e finado en Madrid en 1593) foi un arquitecto español, considerado o creador do estilo arquitectónico, sobrio e severo, máis característico do Renacemento en España, denominado estilo herreriano.
Juan de Herrera recórdase sobre todo pola súa participación no mosteiro do Escorial, aínda que tamén é o responsable da catedral de Valladolid. Comezou a traballar no Escorial en 1563 baixo a dirección de Juan Bautista e desde 1572 foi el quen dirixiu os labores ata que se concluíu definitivamente en 1584. Formalmente acentuou o seu manierismo ó elevar a fachada principal e construír unha portada sen fondo, xa que tras ela non está o templo, senón un patio que dá á igrexa.
Coñécese como herreriano o estilo arquitectónico desenvolvido por Herrera no último terzo do século XVI así como o dos arquitectos que o sucederon en España nas primeiras décadas do século XVII, nun progresivo achegamento ao barroco. En Galicia atópanse exemplos de arquitectura herreriana como o Mosteiro de Santa María de Montederramo e o Colexio da Nosa Señora da Antiga en Monforte de Lemos.