gl.wikipedia.org

Lingüística cognitiva - Wikipedia, a enciclopedia libre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lingüística
Lingüística teórica
Gramática descritiva
Lingüística aplicada
Artigos relacionados

A lingüística cognitiva é un estudo interdisciplinar da lingüística e a psicoloxía cognitiva.

A lingüística cognitiva xorde na década de 1980 como resposta ó descontento dalgúns xerativistas que defendían a necesidade dunha semántica que tivese presente o individuo e as súas habilidades cognitivas. Isto obrigounos a romper coa tradición tranformacionalista e propor uns postulados básicos distintos en 1987, por parte de Mark Johnson, George Lakoff e Ronald Langacker.

Con todo, non é o primeiro intento de integrar esta perspectiva extralingüística (psicolóxica, antropolóxica, neurolóxica etc) na lingüística, senón que xa unha década antes houbo intentos multidisciplinares de abordar estas áreas conxuntamente. Estas colaboracións fomentaron o xurdimento da lingüística cognitiva fronte á xerativista autonomía da linguaxe, defendendo unha relación entre linguaxe e outros aspectos cognitivos e perceptivos. As dúas capacidades cognitivas principais dos que bota man a linguaxe son a categorización e os procesos de metáfora-metonimia.