Los Serranos - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | España | ||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||
Provincia | provincia de Valencia ![]() | ||
Capital | Chelva ![]() | ||
Contén a división administrativa | |||
Poboación | |||
Poboación | 16.604 (2022) ![]() | ||
Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) ![]() | ||
Xeografía | |||
Superficie | 1.358,7 km² ![]() | ||
Comparte fronteira con | |||
Los Serranos ou Serrans é unha comarca da Comunidade Valenciana situada no interior da provincia de Valencia. Tamén recibe os nomes de A Serra ou de Alto Turia. Comprende o curso alto do río Turia e territorios adxacentes.
É unha zona con baixa densidade demográfica, e a súa capital tradicional é Chelva, mentres que o municipio máis poboado é Villar del Arzobispo.
A comarca limita ao leste coa comarca do Camp de Túria, ao sur coas comarcas de Plana d'Utiel e a Foia de Bunyol, ao oeste coa provincia de Cuenca (Castela A Mancha, e ao norte coas comarcas do Alt Palància e a provincia de Teruel (Aragón).
Serrans é unha unidade xeográfica limitada polas montañas antilicinales de orientación ibérica (NO-SL) de Xavalambre polo norte e Serra do Negret polo sur. Entre estas atópase a conca do río Turia, que se atopa encaixado entre gargantas de até 200 metros de alzada.
Municipio | Poboación | Extensión | Densidade |
---|---|---|---|
Alcublas | 829 | 43,50 | 19,05 |
Alpuente | 828 | 138,30 | 5,98 |
Andilla | 325 | 142,80 | |
Aras de los Olmos | 393 | 76,00 | 5,17 |
Benagéber | 159 | 69,80 | |
Bugarra | 826 | 40,30 | 20,49 |
Calles | 449 | 64,50 | 6,96 |
Chulilla | 687 | 61,80 | 10,76 |
Domeño | 688 | 68,80 | 10,00 |
Gestalgar | 761 | 69,70 | 10,91 |
Higueruelas | 531 | 18,80 | 28,24 |
Massalfassar | 1.880 | 2,50 | 752 |
La Yesa | 264 | 84,70 | 3,11 |
Losa del Obispo | 523 | 12,20 | 42,86 |
Pedralba | 2.637 | 58,90 | 44,77 |
Sot de Chera | 428 | 38,80 | 11,03 |
Titaguas | 541 | 63,20 | 8,56 |
Tuéjar | 1.300 | 121,90 | 10,66 |
Villar del Arzobispo | 3.828 | 40,70 | 94,05 |
Totais: | 17.936 | 1.405,30 | 12,76 |
A lingua propia dos seus habitantes é o castelán aragonés (pois pertence ao grupo de comarcas valencianas que trala Reconquista foron repoboadas con aragoneses) e a variedade dialectal da zona é coñecida popularmente como xurro, (do mesmo xeito que no resto de comarcas próximas castelanfalantes como o Alt Palància, Alt Millars ou o Rincón de Ademuz).
Serrans ou (A Serra) é unha comarca histórica que xa aparecía baixo o nome de Serrania de Xelva no mapa de comarcas de Emili Beüt "Comarques naturals del Regne de València" publicado no ano 1934. As únicas diferenzas respecto diso, é que os municipios de Chera e Sinarcas, actualmente atópanse encadrados dentro da veciña comarca da Plana d'Utiel e agora do Camp de Túria.