Lucerna - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luzern (de) ![]() | |||
Localización | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado federado | Suíza | ||
Cantóns | Cantón de Lucerna | ||
Distrito electoral | City of Lucerne Constituency (en) ![]() ![]() | ||
Capital de | |||
Poboación | |||
Poboación | 81.691 (2018) ![]() | ||
Lingua oficial | lingua alemá ![]() | ||
Xeografía | |||
Superficie | 37,4 km² ![]() | ||
Bañado por | Rio Reuss (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
Altitude | 436 m ![]() | ||
Comparte fronteira con | Adligenswil | ||
Datos históricos | |||
Precedido por | Littau (pt) | ||
Santo padrón | Leodegar (en) ![]() ![]() | ||
Organización política | |||
• Xefe do goberno | Beat Züsli (pt) ![]() ![]() | ||
Membro de | |||
Identificador descritivo | |||
Código postal | 6000, 6014, 6002, 6003, 6004, 6005, 6006, 6007, 6009 e 6015 ![]() | ||
Fuso horario | |||
Prefixo telefónico | 041 ![]() | ||
Código de municipio suízo | 1061 ![]() | ||
Outro | |||
Irmandado con | Guebwiller | ||
Lugar do Patrimonio suízo | |||
Identificador | ISOS 2536 | ||
Sitio web | stadtluzern.ch ![]() | ||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Lucerna (en alemán Luzern, en francés Lucerne, en italiano e romanche Lucerna) é unha cidade da Suíza central, capital do cantón de Lucerna. A cidade levántase á beira do Lago dos Catro Cantóns (Vierwaldstättersee), cunha famosa ponte de madeira (a Kapellbrücke) e á vista dos montes Pilatus e Rigi. Cunha poboación de 81.592 habitantes (2016), Lucerna é a oitava cidade de Suíza.
Lucerna atópase localizada na ribeira superior do Lago dos Catro Cantóns, o cal desauga no río Reuss. A cidade limita ao norte coas comunas de Emmen e Ebikon, ao leste con Adligenswil e Meggen, ao sur con Horw, e ao oeste con Kriens e Littau.
Grazas ao enclave situado no cantón de Nidwalden, limita tamén coas comunas de Ennetbürgen e Stansstad no cantón de Nidwalden, e Weggis no cantón de Lucerna.
A cidade xurdiu dun pequeno pobo localizado á beira do Lago de Lucerna que foi fundado trala creación dun mosteiro no ano 700. O nome latino Luciaria aparece por primeira vez nos rexistros históricos no ano 840. Séculos máis tarde, baixo o Sacro Imperio Romano Xermánico, conseguiría o status de inmediación imperial e ser un importante membro da Antiga Confederación Suíza.
Tras a Reforma protestante do século XVI moitas cidades suízas pasaron a abrazar a nova corrente do cristianismo, mais Lucerna permaneceu fiel á fe católica. Os protestantes, que dominaban a Confederación Suíza ao controlar enclaves tan importante coma Zürich, Berna ou Basilea derrotaron aos católicos na guerra de Vilmerg en 1712, co que Lucerna perdeu a súa posición de control na Confederación.
O 17 de xuño de 2007 os habitantes de Lucerna e os da veciña vila de Littau acordaron en referendo a fusión de ambos os concellos, con efectos a partir do 1 de xaneiro de 2010. O novo concello, que de momento segue a chamarse Lucerna, posúe 76.000 habitantes. Con este resultado, agárdase facilitar o camiño para as negociacións con outras cidades e pobos próximos nun esforzo por crear un sistema unificado de cidade-rexión.
As propostas culturais de Lucerna van dende a cultura máis clásica á cultura alternativa, habendo espazos habilitados especificamente para acoller actos de ambas as dúas opcións. É sonado o seu entroido cara a fins do inverno e o seu Festival de Blues no mes de xullo.
Lucerna é a cidade das pontes, que permiten salvar o río Reuss. A máis sonada é a Kapellbrücke (Ponte da Capela). Datada en 1333 e con 204 metros de lonxitude, é a ponte de madeira máis vella de Europa e unha das principais atraccións turísticas de toda Suíza. No centro da mesma érguese a Wasserturm (Torre da Auga), unha torre octogonal construída posiblemente antes que a ponte e que foi arquivo da cidade, torre de vixilancia, cámara do tesouro e mesmo prisión e cámara de tortura. Hoxe en día, acolle tendas de souvenirs e o local da asociación de artillaría de Lucerna.