Luis Vélez de Guevara - Wikipedia, a enciclopedia libre
- ️Thu Jan 27 2022
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de agosto de 1579 ![]() Écija, España ![]() |
Morte | 10 de novembro de 1644 ![]() Madrid, España ![]() |
Educación | University of Osuna (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta, dramaturgo, escritor, soldado ![]() |
Xénero artístico | Novela e dramaturxia ![]() |
Familia | |
Fillos | Juan Vélez de Guevara ![]() |
Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Library of the World's Best Literature ![]() |
![]() |
Luis Vélez de Guevara, nado Luis Vélez de Santander, o 1 de agosto de 1579 e finado o 10 de novembro de 1644, foi un dramaturgo e novelista español. Naceu en Écija e era de orixe xudía conversa.[1] Despois de graduarse na Universidade de Osuna en 1596, entrou na casa de Rodrigo de Castro, cardeal arcebispo de Sevilla, e celebrou o casamento de Filipe III nun poema asinado como Vélez de Santander, nome que seguiu usando algúns anos despois.
Parece ser que foi soldado en Italia e en Alxer, regresando a España en 1602 cando entrou ao servizo do conde de Saldaña, e dedicouse á dramaturxia. Morreu en Madrid o 10 de novembro de 1644.
O seu fillo Juan Crisóstomo Vélez de Guevara tamén foi dramaturgo no Siglo de Oro (século de ouro), con obras máis inclinadas á comedia; porén algunhas do fillo foron erroneamente atribuídas ao pai.
A maioría de datos biográficos sobre o autor foron recompilados nun principio polo escritor e historiador da Veiga Emilio Cotarelo [2] e máis recentemente polo hispanista C. George Peale [3].
Vélez de Guevara foi autor de máis de catrocentas obras de teatro, entre elas Reinar despues de morir, La Luna de la Sierra e El Diablo está en Cantillana. A obra Más pesa el rey que la sangre, está baseada no episodio da chamada Reconquista no que o fidalgo Alonso Pérez de Guzmán permite que o seu fillo sexa sacrificado, en lugar de render a súa posesión de Tarifa. Porén, Vélez de Guevara é máis coñecido como o autor de El diablo cojuelo (1641).
Esta obra é unha novela fantástica que inspirou a Alain-René Lesage a idea de Le Diable boiteux (practicamente unha tradución adaptada, de 1707), e no Brasil o xornal humorístico Diabo Coxo fundado por Angelo Agostini e Luiz Gama durante o Segundo Reinado.
A trama presenta a un estudante canalla que se esconde na mansarda dun astrólogo e libera un demo dunha botella. Como recoñecemento o demo móstralle os pisos de Madrid e os trucos, miserias e picardías dos seus habitantes. Un tema semellante foi aparece en Los anteojos de mejor vista (1620–1625) de Rodrigo Fernández de Ribera. Charles Dickens refírese a El Diablo cojuelo en The Old Curiosity Shop, no capítulo trinta e tres.
Ten rúas co seu nome en varias cidades como Málaga ou Madrid (desde 1904).[4]
Capa e obras relacionadas
- ↑ Antonio Dominiguez Ortiz, "Los judeoconversos en España y América." Madrid, 1971.
- ↑ "Biografía de Luis Vélez de Guevara (1579-1644) - Luis Vélez de Guevara". Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán). Consultado o 2022-01-27.
- ↑ "Vélez de Guevara. Documentos" (PDF). Anagnorisis.
- ↑ "Calle de Luis Vélez de Guevara - Callejero de Madrid - Callejero.net". madrid.callejero.net (en castelán). Consultado o 2022-01-27.
- Este artigo incorpora texto dunha publicación agora no dominio público: Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Guevara, Luis Velez de". Encyclopædia Britannica. Vol. 12 (11th ed.). Cambridge University Press.