Luz Méndez - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 ![]() Ventosa, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | lingüista ![]() |
Membro de | Real Academia Galega (membro correspondente) (2012–) |
![]() |
María Luz Méndez Fernández[1], nada en Ventosa (Agolada) en 1965, é asesora lingüística na Compañía de Radio-Televisión de Galicia e académica correspondente da Real Academia Galega.
Na TVG, ademais do seu traballo de asesoramento lingüístico, dirixiu o programa divulgativo sobre a lingua galega Cazador de palabras. Especializouse en onomástica, sobre a cal publicou diversos artigos en revistas de ámbito nacional e internacional e máis os seus libros ¿Por que se chama así este sitio? O significado dos nosos nomes de lugar e Toponimia de Agolada. Tamén forma parte do International Council of Onomastics Sciences e é membro fundador da Asociación Galega de Onomástica.
Foi escollida académica correspondente da Real Academia Galega no plenario reunido na sesión ordinaria do 22 de xuño de 2012.
- Santorum, Gracia (2009). Dicionario de escritores de Deza. A Estrada: Fervenza. p. 60. ISBN 978-84-96368-00-2.