gl.wikipedia.org

Médico, médica - Wikipedia, a enciclopedia libre

  • ️Tue May 28 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O doutor e o seu paciente (século xvii) de Jan Havicksz Steen, Rijksmuseum.

Un médico[1] é un profesional que practica a medicina que intenta manter e recuperar a saúde humana mediante o estudo, o diagnóstico e o tratamento da enfermidade ou lesión do paciente. Na lingua galega, de xeito coloquial, denomínase tamén doutor[2] a estes profesionais, aínda que non obteñan o grao de doutoramento.

O médico é un profesional altamente cualificado en materia sanitaria, que é capaz de dar respostas xeralmente acertadas e rápidas a problemas de saúde, mediante decisións tomadas habitualmente en condicións de gran incerteza, e que precisa de formación continuada ao longo de toda a súa vida laboral.[3]

O principal obxectivo do médico, e da medicina por extensión, é "coidar a saúde do paciente e aliviar o seu sufrimento".[4] "O médico poucas veces cura, algunhas alivia, pero sempre debe consolar".

As razóns para ser médico na actualidade poden ser de catro tipos:[5][6]

Rúa dedicada aos Médicos, en Chinchilla de Monte-Aragón, Albacete.

Son as razóns principais e máis importantes.

  • O atractivo social da profesión.
  • Acceder a unha posición económica máis ou menos holgada.
  • Influencia de familiares, amigos, ou dos medios de comunicación.
  • Compromiso cos pacientes e o seu sufrimento, co concreto e individual.
  • Formulacións relixiosas, filosóficas ou de vida, como a crenza do impacto da medicina na equidade.
  • Rexeitamento a outras opcións de vida.
  • Traballar en centros que irradien novo coñecemento científico, para que cambie a cara do sufrimento humano.
  • Dominar unha parte poderosa da ciencia e da técnica, de enorme atractivo polo seu impacto na saúde do paciente.
  • O esforzo pola innovación da organización de servizos, e a mellóraa da investigación aplicada á atención dos pacientes cos ensaios clínicos, os estudos observacionais e o conxunto que chamamos "medicina baseada en probas" (Evidence Based Medicine).
  • A ansia do desenvolvemento das ciencias médicas é fundamental, e serve de acicate á continua necesidade de formación continuada que caracteriza ao médico.
  • A produción de ética médica, que pon o contrapunto filosófico e deontolóxico ao que facer do médico clínico.
  • Pode ser unha elección que dea moita versatilidade á vida, como ofrecen as diferentes especialidades médicas, os lugares de traballo e o tempo dedicado á profesión.
  • A remuneración do médico. En xeral, como médico recíbese unha compensación económica que adoita estar na media ou por encima da media doutros profesionais (aínda que hai variacións extremas), e en todo caso ser médico é un medio de vida. A constante é ter ingresos que permiten levar unha vida honrada, con solvencia para facer fronte a formar unha familia e criar algúns fillos.
Pediatra explorando o oído a un neno cun otoscopio. O trato do médico ao seu paciente debe ser digno.

As calidades que debe posuír un médico clínico son:[5][7][8]

  • o trato digno ao paciente e aos compañeiros.
  • o control xuicioso da incerteza durante o encontro co enfermo
  • a práctica dunha ética da ignorancia (compartir co paciente as limitacións científicas)
  • a práctica dunha ética da negativa (para rexeitar aquilo que non ten sentido, firme pero amablemente, de pacientes, xefes e compañeiros)
  • unha enorme polivalencia no limitado tempo da atención clínica.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para médico.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para doutor.
  3. Gérvas J. Aprendices. Acta Sanitaria.[Ligazón morta] 7 de setembro de 2009. (en castelán)
  4. Vélez Correa LA, Sarmiento Díaz JJ. Ética médica: Interrogantes acerca de la medicina, la vida y la muerte (3ª ed). Medellín (Colombia): Corporación para Investigaciones Biológicas ;2003.
  5. 5,0 5,1 Gérvas J. Los territorios ignotos de nuestra mente. En: ¿Por qué ser médico hoy?. Flichtentrei D, coordinador. Buenos Aires: Ediciones El Zorzal; 2009. p. 87-101.[Ligazón morta]
  6. Pablo Bonal Pitz. Motivos para Estudiar Medicina. Consultado el 28/05/2013.
  7. Millán Núñez-Cortés J, del Llano Señarís JE (directores). Ser médico. Los valores de una profesión. Madrid: Unión Editorial; 2012. Arquivado 08 de marzo de 2017 en Wayback Machine. ISBN 978-84-7209-583-0
  8. Consejos de Esculapio para quienes piensan ser médicos. Grijalvo. Consultado el 16/05/2017.