gl.wikipedia.org

Manolo Paz - Wikipedia, a enciclopedia libre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manuel Paz.

Modelo:BiografíaManolo Paz
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Castrelo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor, canteiro Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosXesús Méndez Padín, Carlos Rial e Antonio Rosales Editar o valor en Wikidata
Obra

Obras destacables

Premios

Sinatura Editar o valor en Wikidata


BNE: XX1019665 BUSC: paz-manolo-1957

Manolo Paz Mouta, nado en Castrelo, Cambados en 1957, é un escultor galego.

"Menhires", no Parque escultórico da Torre de Hércules (A Coruña).

Estudou na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e foi mestre na Escola de Canteiros de Poio. De oficio canteiro, nas súas obras traballa mormente o granito galego. Os seus traballos reflicten unha conciencia antropolóxica, que aparece definida na pedra. Á súa vez mostran un paganismo lírico e telúrico propio das vellas culturas, que posteriormente se trasladou ó románico e barroco galego.

No ano 2011 foi nomeado académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes na sección de escultura.

Recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Plásticas en 2011.