Maranhão - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Himno | Hino do Maranhão (pt) ![]() ![]() | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
| |||
Estado | Brasil ![]() | ||
Capital | São Luís do Maranhão ![]() | ||
Contén a división administrativa | Afonso Cunha (pt) | ||
Poboación | |||
Poboación | 7.000.229 (2017) ![]() | ||
Lingua usada | Kreye (en) ![]() Língua Canela (pt) ![]() Pará Gavião (en) ![]() Krikati-Timbira (en) ![]() Língua krahô (pt) ![]() Língua apinajé (pt) ![]() Língua guajá (pt) ![]() Língua de Sinais Kaapor Brasileira (pt) ![]() Língua caapor (pt) ![]() Língua guajajara (pt) ![]() ![]() | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Superficie | 331.983,2 km² ![]() | ||
Altitude | 134 m ![]() | ||
Comparte fronteira con | |||
Datos históricos | |||
Precedido por | |||
Creación | 1889 ![]() | ||
Organización política | |||
Órgano executivo | secretariado do governo do Maranhão (pt) ![]() ![]() | ||
• Governador (pt) ![]() ![]() | Flávio Dino (pt) ![]() ![]() | ||
Órgano lexislativo | Assembleia Legislativa do Maranhão (pt) ![]() ![]() | ||
Identificador descritivo | |||
Fuso horario | |||
ISO 3166-2 | BR-MA ![]() | ||
Sitio web | ma.gov.br ![]() |
Maranhão é un dos estados do Brasil situado na Rexión Nordeste. Ten como límites ao norte o océano Atlántico; ao leste e sueste o estado de Piauí; a suroeste e oeste o estado de Pará. A súa capital é a cidade de São Luís. Outra cidade importante é Imperatriz.
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cf/Lencois_Maranhenses_3.jpg/140px-Lencois_Maranhenses_3.jpg)
Diferente doutros estados do Nordeste brasileiro, o Maranhão non ten rexións de clima semi-árido. Hai 5 tipos principais de vexetación no estado:
- ó oeste, xunto á divisa co estado do Pará o seu clima e vexetación aseméllanse máis ós da selva ecuatorial
- no centro do estado, predomina a chamada Mata de Cocais, con bosques palmeiras como o burití,
- próximo ó litoral, hai unha rexión de campos naturais,
- no litoral, hai mangleirais, dende a foz do río Gurupi ata a foz do río Periá,
- finalmente, ó sur do estado, hai vexetación de sabana, que forma o chamado cerrado brasileiro.
As principais actividades económicas do estado son a industria (destacándose a transformación de aluminio, a alimenticia e a madeireira), a extracción de babasú, a agricultura (principalmente soia, mandioca, arroz e millo) e a gandería. Máis da metade do PIB do estado concéntrase na capital, São Luís. O turismo ten grande potencial no estado, grazas principalmente ás paisaxes naturais da rexión dos Lençóis Maranhenses, ás construcións históricas da capital, São Luís, e da cidade de Alcántara.
- Sitio web oficial Arquivado 20 de agosto de 2021 en Wayback Machine.