Marina Ginestà - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Marina Ginestà Coloma ![]() 29 de xaneiro de 1919 ![]() Tolosa, Francia ![]() |
Morte | 6 de xaneiro de 2014 ![]() 20º distrito de París, Francia ![]() |
Residencia | París (década de 1970–2014) Barcelona (1928–) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, membro da resistencia, tradutora, reporteira ![]() |
Período de actividade | 1935 ![]() ![]() |
Partido político | Partit Socialista Unificat de Catalunya ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Lealdade | Bando republicano ![]() |
Rama militar | Brigadas Internacionais ![]() |
Conflito | guerra civil española ![]() |
Premios | |
| |
![]() |
Marina Ginestà i Coloma, nada en Tolosa, Francia o 29 de xaneiro de 1919 e finada en París o 6 de xaneiro de 2014, foi unha militante comunista durante a Segunda República e a guerra civil española.[1]
Marina Ginestà adquiriu notoriedade pola fotografía que o 21 de xullo de 1936 lle tomou o fotógrafo alemán Hans Gutmann na terraza do Hotel Colón de Barcelona, cando contaba apenas con 17 anos de idade. Esta foto converteuse nunha das iconas gráficas da guerra civil.[2] Durante a contenda traballou como xornalista de varios medios de comunicación republicanos, así como mecanógrafa e intérprete do correspondente do diario soviético Pravda, Mikhaíl Koltsov.
- ↑ EFE (6 de xaneiro de 2014). rtve.es, ed. "Muere en París Marina Ginestà, la miliciana que fue un icono de la Guerra Civil". Consultado o 8 de xaneiro de 2014.
- ↑ Antón, Jacinto. "Marina Ginestà, la joven y desafiante miliciana del fusil". Consultado o 8 de xaneiro de 2014.