gl.wikipedia.org

Meaño, Meaño - Wikipedia, a enciclopedia libre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Meaño.

Meaño

Canzorros románicos de San Xoán de Meaño

ConcelloMeaño[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°26′38″N 8°46′54″O / 42.44388889, -8.78166667
Poboación491 hab. (2016)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xoán de Meaño é unha parroquia que se localiza no centro do concello pontevedrés de Meaño. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 491 habitantes (252 mulleres e 239 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ós anos 2010, cando tiña 509 veciños, e 2005, cando eran 522. Ten unha superficie de 2,76 km².

No lugar das Covas sitúase a capitalidade do concello.

Entre os edificios salientables figuran a igrexa parroquial de San Xoán de Meaño e o Pazo de Lis. A primeira é de construción románica aínda que posteriores modificacións só respectaron a base e algúns canzorros antropomórficos e zoomórficos. O Pazo de Lis é de estilo barroco e alberga na súa planta baixa o Museo da Muller Labrega.

  • Pazo de Lis (Meaño).

    Pazo de Lis (Meaño).

  • Igrexa de San Xoán de Meaño.

    Igrexa de San Xoán de Meaño.

  • Meaño no mapa da xurisdición da Lanzada incluído no Catastro de Ensenada, 1752.

    Meaño no mapa da xurisdición da Lanzada incluído no Catastro de Ensenada, 1752.

Lugares da parroquia de Meaño no concello de Meaño (Pontevedra)

Os Agros | A Canle | As Covas | Covela | O Outeiro | O Río da Vila | San Amaro | Solda | Trobisquido

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Meaño

Covas (Santa Cristina) | Dena (Santa Eulalia) | Lores (San Miguel) | Meaño (San Xoán) | Padrenda (San Martiño) | Simes (Santa María) | Xil (Santa Eulalia)