Mealhada - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización | ||
---|---|---|
| ||
Estado | Portugal | |
Distritos | Distrito de Aveiro ![]() | |
Contén a división administrativa | Barcouço (pt) | |
Poboación | ||
Poboación | 20.428 (2011) ![]() | |
Xeografía | ||
Superficie | 110,66 km² ![]() | |
Comparte fronteira con | Anadia (pt) | |
Identificador descritivo | ||
Código postal | 3054 ![]() | |
Fuso horario | ||
Outro | ||
Irmandado con | ||
Sitio web | cm-mealhada.pt ![]() |
Mealhada é unha cidade portuguesa, situada no Distrito de Aveiro, rexión Centro, subrexión do Baixo Mondego, con preto de 5.000 habitantes.
É sede dun municipio de 111,14 km² de área e 20.751 habitantes (2001), subdividido en 6 freguesías (Barcouço, Casal Comba, Luso, Mealhada-Ventosa do Bairro-Antes, Pampilhosa e Vacariça), cunha densidade de poboación de 164,4 hab/km². O municipio limita ao norte co municipio de Anadia, ao leste con Mortágua, ao sueste con Penacova, ao sueste e ao sur con Coímbra e ao oeste con Cantanhede. O concelho ten a súa orixe no antigo couto de Vacariça. En 1836 foi creado o actual municipio.
O concello de Mealhada localízase na parte sur do distrito de Aveiro e forma parte da Rexión Centro (NUTS II) da Unidade Territorial do Baixo Mondego. Dada a súa veciñanza con Coímbra, o concello está moi influenciado por esta cidade e mantén unha estreita conexión coa urbe coimbrá en moitas materias.
Poboación do concello de Mealhada (1801 – 2004) | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1801 | 1849 | 1900 | 1930 | 1960 | 1981 | 1991 | 2001 | 2004 |
2326 | 7102 | 9915 | 13869 | 17478 | 19305 | 18272 | 20751 | 21500 |