Monómero - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un monómero é unha molécula de pequeno tamaño[1] (baixa masa molecular) que se pode enlazar quimicamente a outras moléculas similares para formar moléculas de gran tamaño, chamadas polímeros. Se o número de monómeros unidos é baixo falaremos dun oligómero O proceso polo cal os monómeros se combinan para formar polímeros coñécese como polimerización.
As moléculas orgánicas, como as proteínas, os ácidos nucléicos e os polisacáridos fórmanse pola unión dos seus respectivos monómeros, os aminoácidos, os nucleótidos e os monosacáridos, neste orde[2]. Tamén son moi empregados polo ser human certos polímeros de orixe industrial, coma o polietileno ou o PVC.
- ↑ "Dicionario RAG". Consultado o 25 de outubro de 2016.
- ↑ Alberts, Bruce (1992). Omega, ed. Biología molecular de la célula (en castelán). p. 4. ISBN 84-282-0896-4.