Mosteiro de las Huelgas - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosteiro de las Huelgas | ||
---|---|---|
Tipo | Abadía de monxas cistercienses, convento e Monumentos do patrimonio histórico de España ![]() | |
Parte de | Camiño de Santiago francés na provincia de Burgos ![]() | |
Estilo | arte cisterciense ![]() | |
Localización | ||
| ||
Estado | España | |
Comunidade autónoma | Castela e León | |
Provincia | provincia de Burgos | |
Concello | Burgos ![]() | |
Construción | ||
Fundación | 1181 (Gregoriano) ![]() | |
Patrimonio cultural | ||
Ben de interese cultural | ||
Data | 3 de xuño de 1931 | |
Identificador | RI-51-0000453 | |
| ||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||
Data | ? | |
Identificador | 1005 | |
Na rede | ||
monasteriodelashuelgas.org ![]() | ||
![]() | ||
[ Wikidata ] |

O mosteiro de Las Huelgas é un mosteiro cisterciense feminino, fundado en 1189 polo rei Afonso VIII de Castela e a súa esposa, a princesa de Inglaterra Lionor Plantagenet, filla de Aliénor de Aquitania e de Henrique II de Inglaterra.
Está situado ao occidente da cidade de Burgos (España), algo retirado do río Arlanzón, nun terreo chan que antigamente estaba ocupado por hortas e prados e que era coñecido como "Las Huelgas", debido a que as xentes do lugar acudían alí para folgar, isto é, distraerse e pasar o seu tempo de lecer.
Na Idade Media, foi o máis importante mosteiro feminino de Castela, albergando raparigas pertencentes á alta nobreza e da familia real castelá. Está composto por unha biblioteca, onde as freiras gardaban libros de diferentes e numerosos temas, algúns até prohibidos pola Igrexa católica.
O mosteiro tivo numerosas abadesas (todas pertencentes á familia real castelá), entre os cales a infanta Costanza de Castela, filla de Leonor e de Afonso VIII, que foi abadesa de Las Huelgas de 1219 a 1243 e a infanta Berengaria, filla de Beatriz da Suavia e de Fernando III de León e Castela (1201-1252) e, por tanto, irmá de Afonso X o Sabio, rei de Castela e León.
- O grupo de música antiga Martín Códax ten editado cancións medievais dos códices deste mosteiro de freiras.