Motril - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | España | ||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||
Provincia | Provincia de Granada ![]() | ||
Poboación | |||
Poboación | 59.632 (2024) ![]() | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Superficie | 109,77 km² ![]() | ||
Bañado por | Mar Mediterráneo ![]() | ||
Altitude | 45 m ![]() | ||
Comparte fronteira con | |||
Santo padrón | Antón Abade ![]() | ||
Organización política | |||
• Alcaldesa ![]() | Luisa María García Chamorro (en) ![]() ![]() | ||
Identificador descritivo | |||
Código postal | 18600 ![]() | ||
Fuso horario | |||
Código INE | 18140 ![]() | ||
Outro | |||
Irmandado con | Melilla | ||
Sitio web | motril.es ![]() | ||
![]() |
Motril é unha cidade española situada no extremo sur da provincia de Granada, cerca do mar Mediterráneo. Motril é a capital da comarca da Costa Granadina. Recibe os títulos de "Moi Nobre e Leal Cidade de Motril", que aparecen no escudo municipal.
Limita ao norte co municipio de Vélez de Benaudalla e Lújar, ao leste con Gualchos, ao oeste con Salobreña e ao sur co mar Mediterráneo. Está situado preto da desembocadura do río Guadalfeo.
Situado dominando a veiga do seu nome, na que o principal cultivo é o chirimoyo e o aguacate (tamén se produce manga, guayaba, plátano e outros froitos subtropicais) así como o cultivo en invernadoiro e a cana de azucre (aínda que o ano 2006 foi o último no que se procedeu á recolección e produción de azucre, habendo pechado a única fábrica azucreira que quedaba en España e no resto de Europa). É a saída ao mar da provincia de Granada. A súa posición xeográfica convértea nun centro industrial e comercial (fabricación de papel). O Porto de Motril é, á vez, porto comercial e de pesca. Tendo tamén un porto deportivo (Real Club Náutico de Motril) como porto de recreo.
Tiña en 2016 unha poboación de 60.368 habitantes, a maioría deles concentrados na capital municipal, Motril (49.313 hab.). O resto dos seus habitantes están agrupados en varios núcleos de poboación: El Varadero, Torrenueva, Carchuna, Calahonda, Puntalón, Playa Granada, Las Ventillas, La Perla, La Garnatilla, Los Tablones e La Chucha.