gl.wikipedia.org

Mutualismo - Wikipedia, a enciclopedia libre

1000 12/16

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A bolboreta esfinxe colibrí (Macroglossum stellatarum) alimentándose de flores da planta Dianthus. O insecto consegue alimento e a planta a polinización. A polinización é un exemplo clásico de mutualismo.

Mutualismo é, en Bioloxía e Ecoloxía, unha relación interespecífica na que dous organismos se benefician mutuamente. Precisamente, o concepto mutualismo deriva da axuda mutua que poden brindarse dous individuos que pertencen a diferentes especies. A relación de mutualismo é a miúdo temporal e, a diferenza da simbiose, a relación de mutualismo non é obrigada.