Nuñomoral - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | España | ||
Comunidade autónoma | Estremadura | ||
Provincia | Provincia de Cáceres ![]() | ||
Capital | Nuñomoral ![]() | ||
Poboación | |||
Poboación | 1.202 (2024) ![]() | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Superficie | 95 km² ![]() | ||
Altitude | 478 m ![]() | ||
Comparte fronteira con | |||
Organización política | |||
• Alcalde ![]() | Juan Carlos Sendín Sánchez ![]() | ||
Identificador descritivo | |||
Código postal | 10626 ![]() | ||
Fuso horario | |||
Código INE | 10135 ![]() | ||
Sitio web | nunomoral.es ![]() |
Nuñomoral é un concello español, na comunidade autónoma de Estremadura. Está situado ao norte da provincia de Cáceres, na comarca de Las Hurdes. O concello ten a súa capital na localidade homónima de Nuñomoral.
Durante o Antigo Réxime a comarca dependía de La Alberca (Salamanca), mais a comezos do século XIX constituíuse como concello integrado en Estremadura, co nome de Nuño-Moral.
- Fervenza chamada Chorro de la Miacera, en El Gasco.
- Centro de Interpretación de la casa hurdana, en El Gasco.
- Arquitectura tradicional de Aceitunilla.
- Arquitectura tradicional de Fragosa.
Como outros concellos da comarca de Las Hurdes a súa poboación está dispersa, entre o núcleo principal, onde se sitúa o pazo do concello e outras localidades, chamadas alquerías.
Nome oficial | Pob. (2008) | Nome tradicional en estremeño |
---|---|---|
Nuñomoral | 309 | - |
Aceitunilla | 99 | - |
Asegur | 119 | L’Asegul |
Cerezal | 139 | El Cerezal |
Fragosa | 172 | - |
El Gasco | 138 | El Gascu |
La Batuequilla | 0 | - |
La Horcajada | 0 | - |
Martilandrán | 148 | - |
Rubiaco | 94 | El Rubiacu |
Vegas de Coria | 237 | Vegas |
Total | 1.452 |
A principal estrada que cruza o concello é a CCV-55, que empata coa estrada autonómica EX-204, de Salamanca a Coria, en Vegas de Coria.
O municipio ten dúas escolas de primaria, en Nuñomoral e en Vegas de Coria.