gl.wikipedia.org

António de Oliveira Salazar - Wikipedia, a enciclopedia libre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

(Redirección desde «Oliveira Salazar»)

Modelo:BiografíaAntónio de Oliveira Salazar

(1968) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de abril de 1889 Editar o valor en Wikidata
Vimieiro, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 1970 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Causa da morteembolia pulmonar Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSanta Comba Dão Editar o valor en Wikidata
Presidente interino da República de Portugal
18 de abril de 1951 – 9 de agosto de 1951
100º Primeiro ministro de Portugal
5 de xullo de 1932 – 27 de setembro de 1968
← Domingos da Costa Oliveira (pt) TraducirMarcelo Caetano → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Coímbra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista, pedagogo, político, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Coímbra Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión Nacional Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
Premios

Sinatura Editar o valor en Wikidata


Descrito pola fonteObálky knih,
Lista de Ditadores de SourceWatch
Enciclopedia soviética armenia, volume 10, (p.115) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0211397 BNE: XX1138995 Discogs: 4047974 WikiTree: Oliveira_Salazar-1 Find a Grave: 8554683 Editar o valor en Wikidata

António de Oliveira Salazar, nado en Vimieiro, Santa Comba Dão, o 28 de abril de 1889 e finado en Lisboa o 27 de xullo de 1970, foi un ditador portugués, profesor universitario e estadista.

Exerceu como catedrático de Economía Política, Ciencia das Finanzas e Economía Social na Universidade de Coímbra e foi deputado e ministro. Dende 1932 ata 1968, exerceu como primeiro ministro entre 1932 e 1968 e, interinamente, a Presidencia da República en 1951, períodos durante os cales foi a cabeza e principal figura do chamado Estado Novo, unha ditadura, que abrangueu o intervalo temporal entre 1926 e 1974, malia que o réxime non se consolidou coma tal ata 1933.

Foi ministro das Finanzas entre 1928 e 1932. Entre 1932 e 1968 foi o estadista que dirixiu os destinos de Portugal, co cargo de Presidente do Consello de Ministros (primeiro ministro). Foi fundador e xefe da Unión Nacional (partido único durante o Estado Novo) a partir de 1931. Tamén foi o fundador e principal mentor do Estado Novo (1933-1974), substituíndo a ditadura militar (1926-1933). Tamén exerceu o cargo de Presidente interino da República, mais só no ano de 1951.

En abril de 1937, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e mais Ramón Suárez Picallo enviáronlle unha carta na que dicían:

Vostede será para os supervivintes de Galiza algo menos ca un asasino, será un cómplice de asasinos.[1]

Durante a Guerra civil española, comezada en xullo de 1936, Salazar non dubidou en apoiar a Franco dende o primeiro momento. De aí o enorme prestixio gañado por Portugal entre os franquistas. Pouco antes do final da guerra, Salazar nomeou a Pedro Teotónio Pereira para a función de Axente Especial do Goberno Portugués xunto ao Goberno de Franco. Teotónio Pereira chegou a Salamanca en xaneiro de 1938, encontrando unha atmosfera de grande simpatía cos diplomáticos alemáns e italianos e de grande hostilidade cos diplomáticos dos restantes países. Teotónio Pereira pronto comezou a contrarrestar este ambiente e Portugal tivo un papel fundamental na disuasión do aliñamento de España coas Potencias do Eixo, na creación dun bloque ibérico neutro e na aproximación de España aos Aliados.

Nunha entrevista ao xornal francés Le Figaro, a 13 de xaneiro de 1958, Franco afirmaba que:

O home de Estado máis completo, máis respectable de entre tódolos que coñecín, eu direille: Salazar. Teño aquí un personaxe extraordinario, pola súa intelixencia, o sentido político, a humanidade. A súa maior eiva é, talvez, a modestia.

Francisco Franco (en castelán)

Salazar tiña tamén unha grande admiración por outro ditador fascista, Benito Mussolini, tendo incluso unha fotografía do ditador italiano na súa secretaría de traballo.[2]

  1. Un juicio duro sobre Oliveira Salazar, ABC, 27 de abril de 1937, páx. 11 (en castelán).
  2. "As lamentáveis referências da referência de tantos" (en portugués). 21 de novembro de 2008.