Palacio de Liria - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palacio de Liria | ||
---|---|---|
![]() O Palacio de Liria | ||
Tipo | palacio ![]() | |
Estilo | arquitectura neoclásica ![]() | |
Localización | ||
| ||
Estado | España | |
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | |
Concello | Madrid ![]() | |
Construción | ||
Fundación | 1770 ![]() | |
Patrimonio cultural | ||
Ben de interese cultural | ||
Identificador | RI-51-0003931-00000 | |
[ Wikidata ] |
O Palacio de Liria é un gran pazo urbano español do século XVIII, residencia da Casa de Alba en Madrid, e principal sede da súa colección de arte e arquivo histórico, ambos os dous de incalculable valor. Sitúase nos números 20-22 da actual rúa da Princesa, nunha zona antano coñecida como «barrio de los Afligidos». Del cóntase que é o domicilio particular máis grande de Madrid (200 estanzas en 3.500 m²) e que os seus amplos xardíns son os únicos de propiedade privada que figuran destacados en moitos planos da cidade.
Foi recoñecido xa na súa época como a mellor mansión da aristocracia madrileña, só superado polo Palacio Real.