Papaveraceae - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papaveraceae (as papaveráceas[1]) é unha familia de anxiospermas da orde Ranunculales. Consta de 44 xéneros cunhas 770 especies, distribuídas polas zonas temperadas do planeta (especialmente no hemisferio norte) e practicamente ausentes en áreas netamente tropicais. O concepto que aquí se utiliza engloba como subfamilias dous táxones que frecuentemente se consideran familias separadas: Fumariaceae Bercht. & J. Presl, 1820 e Pteridophyllaceae (Murb., 1912) Nakai ex Reveal & Hoogland, 1991.
Son herbas ou arbustos con canles resiníferas presentes, látex branco, crema ou amarelo. Secrecións con alcaloides (bencil-isoquinolina), follas simples, alternas, espiraladas. Ex. Papaver somniferum (papoula), Argemone mexicana (cardo santo).
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/93/Papaver_rhoeas_-_K%C3%B6hler%E2%80%93s_Medizinal-Pflanzen-101.jpg/160px-Papaver_rhoeas_-_K%C3%B6hler%E2%80%93s_Medizinal-Pflanzen-101.jpg)
- Na clasificación taxonómica de Jussieu (1789), Papaveraceae é o nome dunha orde botánica da clase Dicotyledones, Monoclinae (flores hermafroditas), Polypetalae (corola con dúas ou máis pétalos) e estames hipoxínicos (cando os estames están inseridos baixo o nivel do ovario). No Sistema de Jussieu esta orde presenta 8 xéneros.