Parada de Sil - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Parada de Sil.
Localización | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | España | ||
Comunidade autónoma | Galicia | ||
Provincia | provincia de Ourense ![]() | ||
Capital | Parada de Sil ![]() | ||
Poboación | |||
Poboación | 522 (2024) ![]() | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Superficie | 62,43 km² ![]() | ||
Altitude | 676 m ![]() | ||
Comparte fronteira con | |||
Organización política | |||
• Alcalde ![]() | Aquilino Domínguez Díaz ![]() | ||
Eleccións municipais en Parada de Sil ![]() | |||
Identificador descritivo | |||
Código postal | 32740 ![]() | ||
Fuso horario | |||
Código INE | 32057 ![]() | ||
Parada de Sil é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Caldelas e que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 564 habitantes (808 en 2003).
Censo total | 564 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 18 (3.19 %) |
Entre 15 e 64 anos | 274 (48.58 %) |
Maiores de 65 anos | 272 (48.23 %) |
Estranxeiros | 11 (1.85 %) |
Evolución da poboación de Parada de Sil Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3.287 | 3.272 | 2.912 | 2.287 | 788 | 670 | 648 | 648 | 642 | 634 | 605 | 592 | |||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
O concello, situado ao norte da provincia de Ourense, ten 62,4 km², e abrangue 9 parroquias. Limita ao norte con Sober (provincia de Lugo) a través do río Sil, ao sur con Montederramo, ao leste coa Teixeira e ao oeste con Nogueira de Ramuín e Xunqueira de Espadanedo.
A parte norte pertence á Ribeira Sacra, no val do río Sil preto da desembocadura no Miño, determinado polo encoro de Santo Estevo. A parte sur ten zonas montañosas, como as lombas desgastadas da terra da Picoña, Cabeza de Meda, Os Confurcos, Os Burdiallos e Os Salgueiriños. Entremedias, hai unha área de media montaña con planicies onduladas e cumios como A Carpadena, Outeiro do Río, A Espereta, Biruxe, Corzas, A Gándara e Os Penediños. Estas zonas xeográficas determinan a climatoloxía, oceánica de montaña nas zonas máis altas, e oceánico mediterráneo na ribeira.
Durante o antigo réxime a zona pertenceu á xurisdición de Chandrexa de Sacardebois.
No concello destaca o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. Na parroquia de San Lourenzo de Barxacova situábase o conxunto da capela e necrópole de San Vítor de Barxacova.
Hai petos de ánimas en Cimadevila, Couto e Teimende. O cruceiro de Forcas está asentado sobre unha roca que fai ás veces de base. Na parroquia de Forcas consérvase sobre o río Mao a ponte románica de Canceliñas, que conta con marcas de canteiro.
O concello conta coa ruta de sendeirismo homologada PR-G 98, Canón do Sil - Santa Cristina. É unha ruta circular de 18 km con principio e fin na prazo do Barquilleiro, da capital do municipio. Discorre na maior parte polos camiños de carro e sendas antigas para cultivar as pendentes de vides. No percorrido vense fornos, sequeiros e muíños, amais do mosteiro románico de Santa Cristina de Ribas de Sil.
O escudo do concello foi proposta por Francisco Ogando Vázquez e Fernando González Suárez en marzo de 1988, e aprobado pola Xunta de Galicia polo decreto 563/1990 do 20 de decembro. O primeiro e cuarto cuarteis fan referencia ás nove mitras de ouro (cinco e catro respectivamente), sobre fondo sinople. O segundo cuartel leva as armas dos Castro, condes de Lemos: seis roeis azuis sobre campo de prata. O terceiro cuartel leva unha palma de ouro baixo unha coroa real da mesma cor, en campo de goles. Ao timbre, coroa real pechada.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Parada de Sil vexa: Lugares de Parada de Sil.