Paula Rey Torreiro - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de outubro de 1981 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Paula Rey Torreiro, nada na Coruña o 14 de outubro de 1981, é unha cantante galega.
Foi soprano dentro do coro da Orquestra Sinfónica de Galicia. Canta tamén no grupo de latin-funk Duplo Son. Estudou canto no Conservatorio de Valencia e completou a súa formación en diferentes centros europeos, tales como Viena.
O 3 de novembro de 2011 foi presentada en rolda de prensa, dende o Teatro Colón da Coruña, como nova vocalista do grupo de folk galego Luar na Lubre, substituíndo a Sara Louraço Vidal. No ano 2017 deixou o grupo sendo substituída por Belém Tajes.[1]