Pedro Herrera - Wikipedia, a enciclopedia libre
Biografía | ||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Pedro María Herrera Sancristóbal ![]() 17 de xullo de 1959 ![]() Bilbao, España ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 177 cm ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1981 ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Ander Herrera ![]() |
Pedro María Herrera Sancristóbal, nado en Bilbao o 17 de xullo de 1959, é un exfutbolista vasco, que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Formouse nas categorías inferiores do Athletic de Bilbao e no Erandio. Debutou en Segunda División no UD Salamanca con quen ascendeu a Primeira División. O ano do ascenso ficha polo Real Zaragoza, onde xogou as seguintes seis tempadas sendo unha peza importante do equipo.
Ao finalizar a tempada 1987-88 obtén a carta de liberdade do Zaragoza e ficha polo Celta de Vigo. En Vigo realiza moi boa tempada, rematando o equipo na oitava posición. Porén, a comezos do seguinte ano e tras moitas molestias diagnosticóuselle roturas na cartilaxe do xeonllo polo que ten que deixar a práctica do fútbol.
Pedro Herrera pasa a ser secretario técnico do club, posto que ocupou ata o ano 1993 cando ficha polo Real Zaragoza para o mesmo posto. Un dos seus maiores logros foi a fichaxe do xogador balcánico Vladimir Gudelj. O Celta nomeou a Javier Maté para substituílo na secretaría técnica do club.
Na actualidade Pedro Herrera segue ocupando o cargo de secretario técnico en Zaragoza.
O seu fillo Ander Herrera tamén e futbolista.
Equipos
[editar | editar a fonte]
Ano | Club |
---|---|
1981-1982 | UD Salamanca |
1982-1988 | Real Zaragoza |
1988-1989 | Celta de Vigo |
Palmarés
[editar | editar a fonte]
Título | Ano | Club |
---|---|---|
Copa do Rei | 1985-86 | Real Zaragoza |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
- Marcos L. Bacariza (7 de marzo de 2010). "Pedro Herrera". Yo jugué en el Celta (en castelán).
Control de autoridades |
|
---|