Perciformes - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/47/Labrus_bergylta_%28Gootebank%29.jpg/300px-Labrus_bergylta_%28Gootebank%29.jpg)
Os Perciformes (tamén chamados percomorfos (Percomorphi) ou acantópteros (Acanthopteri)) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde Acantopterixios (Acanthopterygii). Constitúe a orde máis grande de vertebrados (Fish Base), e comprende máis de 7.000 especies diferentes, con ó redor do 40% de tódolos peixes. Presentan moi diferentes formas e tamaños, e habitan en case tódolos medios acuáticos, principalmente mariños.
Xeralmente teñen unha aleta dorsal de ampla base, cun rebaixe. Nas aletas dorsal e anal, os primeiros radios están transformados en espiñas en número variable. O habitual é unha espiña nas aletas pélvicas. As escamas adoitan ser ctenoides pero tamén hai especies con escamas cicloides ou doutros tipos.
A clasificación taxonómica dos Perciformes é controvertida e hai autores que os consideran un grupo parafilético Fish Base. Divídese en 18 subordes:
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6f/Mullus_surmuletus.jpg/300px-Mullus_surmuletus.jpg)
- Suborde Percoidei
- Superfamilia Percoidea
- Superfamilia Cirrhitoidea
- Superfamilia Cepoloidea
- Suborde Elassomatoidei
- Suborde Labroidei (Maragota)
- Suborde Zoarcoidei
- Suborde Trachinoidei (Faneca brava)
- Suborde Notothenioidei
- Suborde Blennioidei
- Suborde Icosteoidei
- Suborde Gobiesocoidei
- Suborde Callionymoidei
- Suborde Gobioidei (Gobios)
- Suborde Kurtoidei
- Suborde Acanthuroidei
- Suborde Scombrolabracoidei
- Suborde Scombroidei (Túnidos)
- Suborde Stromateoidei
- Suborde Anabantoidei
- Suborde Channoidei
O ITIS [1] non contempla a suborde Scombrolabracoidei pero si inclúe os Xiphioidei.