Pescara - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización | |||
---|---|---|---|
| |||
País | Italia | ||
Rexión | Abruzzo | ||
Provincias | Provincia de Pescara ![]() | ||
Capital de | Provincia de Pescara (1927–) | ||
Contén a división administrativa | San Silvestro (en) | ||
Poboación | |||
Poboación | 118.657 (2023) ![]() | ||
Xeografía | |||
Superficie | 34,36 km² ![]() | ||
Bañado por | Aterno-Pescara (en) ![]() ![]() | ||
Altitude | 11 m ![]() | ||
Comparte fronteira con | |||
Datos históricos | |||
Evento clave
| |||
Santo padrón | Cetteus (en) ![]() ![]() | ||
Organización política | |||
• Alcalde ![]() | Marco Alessandrini (en) ![]() ![]() | ||
Identificador descritivo | |||
Código postal | 65121–65129 ![]() | ||
Fuso horario | |||
Prefixo telefónico | 085 ![]() | ||
Identificador ISTAT | 068028 ![]() | ||
Código catastral italiano | G482 ![]() | ||
Outro | |||
Irmandado con | Arcachon | ||
Sitio web | comune.pescara.it ![]() | ||
![]() |
Pescara (/peˈskaːra/, Pescàrë en dialecto abruzo, Piscàrë en pescarese[1]) é unha cidade italiana de 120 286 habitantes,[2] capital da provincia de Pescara, na rexión dos Abruzos, no centro de Italia. Esténdese por unha área de 34 km², é a cidade máis poboada dos Abruzos, con 125 717 habitantes (2017) (e aproximadamente 450 000 incluíndo a área metropolitana circundante). Situada na costa do Adriático na desembocadura do río Aterno-Pescara, o municipio actual formouse en 1927, uníndose ao municipio de Pescara, a parte da cidade ao sur do río (pertencente á provincia de Chieti), e Castellamare Adriatico (da provincia de Teramo), a parte da cidade ao norte do río. A área circundante forma a provincia de Pescara. O poeta Gabriele D'Annunzio, nado nesta cidade, foi un dos principais impulsores da creación da nova cidade.
As orixes de Pescara son anteriores á conquista romana. O nome, tanto de ámbalas dúas cidades coma o do río, era Aternum. Estaba unida a Roma pola Vía Claudia Valeria e a Via Tiburtina. A cidade era un porto importante para o comercio coas provincias orientais do Imperio e o principal edificio na cidade era o templo de Jovis Aternium.
A principal rúa comercial da cidade é Corso Umberto I, que vai desde a Piazza della Repubblica e chega á praia de Piazza Primo Maggio . O rectángulo que forma con Corso Vittorio Emanuele II e Via Nicola Fabrizi inclúe o principal distrito comercial onde se atopan varias das mellores tendas de moda. O Corso Manthonè, o curso do vello Pescara, foi durante moitos anos o centro da vida nocturna da cidade. O Concello e a administración da provincia atópanse na Piazza Italia, preto do río, e no área entre aquí e as facultades de Economía, Arquitectura, Linguas Estranxeiras e Literatura da Universidade G. d'Annunzio ao sur, un barrio de negocios creceu ao longo dos anos. Ao sur inmediato da desembocadura do río atópase a mariña. Pescara tamén ten un importante aeroporto internacional chamado Aeroporto de Abruzzo e un dos máis importantes e principais portos turísticos do Mar Adriático e de Italia, o Porto de Pescara.
A cidade ten un equipo de fútbol, Pescara Calcio 1936, que en xuño de 2012 ascendeu á Serie A, a máxima división do Fútbol en Italia.
Pescara acolleu os Xogos Mediterráneos de 2009, derrotando a Rijeka en Croacia e Patras en Grecia para o privilexio.
Entre 1924 e 1961, Pescara acolleu a carreira automobilística Coppa Acerbo, que en 1957 foi a penúltima rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1.
Desde 2011 a edición italiana do Ironman 70.3 ten lugar na cidade de Pescara, escollida polas características do territorio, pola posibilidade de construír unha competición que parte do mar continúa cara ás montañas e remata no centro da cidade.[3]
- ↑ AA.VV. (1996). Dizionario di toponomastica. Storia e significato dei nomi geografici italiani (en italiano). Milán: GARZANTI.
- ↑ "Popolazione residente al 30 novembre 2017" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2018. Consultado o 13 de febreiro de 2018.
- ↑ "IRONMAN 70.3 Italy". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2018. Consultado o 13 de febreiro de 2018.
- Páxina oficial
- Aeroporto de Pescara Arquivado 24 de novembro de 2014 en Arquivo.pt
- Universidade D'Annunzio Arquivado 19 de setembro de 2003 en Wayback Machine.