Piauí - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Himno | Hino do Piauí (pt) ![]() ![]() | ||
---|---|---|---|
Epónimo | Piaba (pt) ![]() ![]() | ||
Localización | |||
| |||
Estado | Brasil ![]() | ||
Capital | Teresina ![]() | ||
Contén a división administrativa | Acauã (pt) | ||
Poboación | |||
Poboación | 3.219.257 (2017) ![]() | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Superficie | 251.755,5 km² ![]() | ||
Altitude | 252 m ![]() | ||
Comparte fronteira con | |||
Datos históricos | |||
Precedido por | Província do Piauí (pt) | ||
Creación | 1889 ![]() | ||
Organización política | |||
Órgano executivo | secretariado do governo do Piauí (pt) ![]() ![]() | ||
• Governador (pt) ![]() ![]() | Wellington Dias (pt) ![]() ![]() | ||
Órgano lexislativo | Assembleia Legislativa do Piauí (pt) ![]() ![]() | ||
Identificador descritivo | |||
Fuso horario | |||
ISO 3166-2 | BR-PI ![]() | ||
Sitio web | piaui.pi.gov.br ![]() |
Piauí é un estado da Rexión Nordeste do Brasil. Ten por límites o estado de Maranhão ó oeste; o océano Atlántico ó norte; os estados de Ceará e Pernambuco ó leste; e o estado de Baía e parte do de Tocantins ó sur. Ten 1,64% da poboación do Brasil. A súa capital e a cidade de Teresina.
Os primeiros colonizadores chegaron ó territorio do actual estado do Piauí durante o século XVII. En 1811 este tornouse unha capitanía separada do Maranhão. Coa independencia do Brasil en 1822, tornouse unha provincia do Imperio. Despois de 1889 coa república, tornouse estado.
O relevo de Piauí comprende planicies costeiras e aluvionares nas marxes do río Parnaíba e dos seus afluentes, ao centro e ao norte do Estado. Ao longo das fronteiras con Ceará, Pernambuco e Baía, nas chapadas de Ibiapaba e de Araripe, ao leste, e de Tabatinga e Mangabeira ó sur, atópanse as máis grandes altitudes do estado, situadas en torno aos 900 metros de altitude.
Entre esas zonas elevadas e o curso dos ríos que cortan o Estado (os principais: Parnaíba, Gurguéia, Fidalgo e Urubu Preto), atópanse formacións tabulares, ladeadas por escarpas acentuadas, resultantes da acción erosiva das augas.
O Piauí é un dos estados máis pobres do Brasil, e participa soamente co 0,5% do produto interno bruto do país. Os servizos representan máis de 60% do Produto Interno, a agricultura e gandería representan 9,1% e a industria 26,3% (datos de 2002). O principal centro de comercio e servizos do estado é a súa capital, Teresina.
Os principais produtos exportados son: cera vexetal (extraída de palmas), soia (introducida no estado nos anos 1990), confeccións, castaña de anacardio, cangrexos e outros crustáceos, e coiro. Non hai moitas e variadas industrias (os principais produtos industrializados veñen doutras rexións). A gandería e feita de modo extensivo, principalmente para consumo interno. O leste e sur do estado sofren coas secas periódicas do Sertão brasileiro, que afectan a gandería e agricultura e producen o éxodo de persoas para outras rexións e grandes cidades.
O turismo ten algún potencial no litoral (delta do río Parnaíba, xunto co estado do Maranhão) e nos Parques Nacionais de Sete Cidades e da Serra da Capivara, situados ó sur do estado. Pero estes dous parques nacionais sofren coa falta dun acceso máis fácil que permita un número expresivo de visitantes e, así, o turismo representa pouco para o Produto Interno do estado. O Parque Nacional da Serra da Capivara e tamén considerado un Patrimonio da Humanidade pola UNESCO polas súas pinturas rupestres.