gl.wikipedia.org

Provincia de Santiago - Wikipedia, a enciclopedia libre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mapa da antiga provincia de Santiago de 1813, Reino de Galicia.

A provincia de Santiago foi unha das sete en que estivo dividida Galiza na Idade Moderna, ata a nova división provincial de 1833, na que pasou a ser dividida na novas provincias da Coruña e de Pontevedra. A súa capital era a cidade de Santiago de Compostela. No século XVIII contaba cunha extensión de 6 910 km², 101 xurisdicións, 20 coutos, 27 vilas e unha poboación de 396.312 persoas.

Río Barja, Francisco Xavier (1990). Cartografía Xurisdiccional de Galicia no Século XVIII (PDF). Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-55-5.