Provincia de Valencia - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia de Valencia (es) Província de València (ca) | |||
Localización | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | España | ||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||
Capital | Valencia | ||
Contén a división administrativa | |||
Poboación | |||
Poboación | 2.589.312 (2021) (240,58 hab./km²) | ||
Xeografía | |||
Superficie | 10.763 km² | ||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||
Altitude | 361 m | ||
Punto máis alto | Cerro Calderón (1.832 m) | ||
Punto máis baixo | Nivel medio do mar (0 m) | ||
Comparte fronteira con | |||
Datos históricos | |||
Precedido por | |||
Organización política | |||
Órgano executivo | Deputación de Valencia | ||
• Presidente da Deputación | Antoni Francesc Gaspar Ramos (2018–) | ||
Identificador descritivo | |||
Código postal | 46 | ||
Fuso horario | |||
ISO 3166-2 | ES-V | ||
Código NUTS | ES523 | ||
Código INE | 46 | ||
Código ARGOS de concellos | 46 | ||
Outro | |||
Irmandado con | Prefectura de Mie (1992–) | ||
Sitio web | dival.es | ||
A provincia de Valencia (en valenciano: València) é unha provincia da Comunidade Valenciana. A capital provincial é a cidade homónima de València. Ocupa unha superficie de 10.563 km², na que habitaban 2.463.592 persoas (INE 2006).
No 2005, o 70,14 % dos habitantes da provincia (1.694.970) vivían na área metropolitana da capital. Outros municipios destacados son Xiva, Cheste, Gandia, Paterna, Sagunt, Alzira, Xàtiva, Requena e Utiel.
Situada no Oriente da Península Ibérica, ocupa a posición central da súa comunidade, e limita co mar Mediterráneo polo leste; coas provincias de Castelló e Teruel polo norte; Cuenca e Albacete polo oeste e Alacant polo sur.
A provincia conta cun enclave separado, entre as provincias de Cuenca e Teruel, o Rincón de Ademuz.
Correspóndenlle 16 escanos no Congreso dos Deputados e 36 nas Cortes Valencianas.
De interior montañoso, a provincia de Valencia presenta unha relativamente extensa chaira litoral, formada por terreos de aluvión, que serve de asento á fértil horta valenciana. O litoral é baixo, areoso e de augas pouco profundas, sen outro accidente salientábel que o do cabo de Cullera, englobando na súa totalidade o Golfo de Valencia, que se estende desde o cabo da Nao ao de Oropesa.
Os dous ríos principais que atravesan o seu territorio son o Turia (que desauga nas proximidades da cidade de Valencia, tras ter sido desviado a súa canle) e o Xúcar (que desemboca en Cullera), entre os cales desenvólvese unha lagoa litoral que recibe o nome de Albufera de Valencia. Outros ríos destacábeis son o Palancia, que desemboca cerca de Sagunt, e máis o Serpis, que desemboca en Gandia.
Está dividida nas seguintes comarcas:
- Canal de Navarrés
- Camp de Morvedre
- Camp de Túria ou Campo do Turia.
- Costera
- Foia de Bunyol
- Horta de Valencia, subdividida en:
- Horta Nord
- Horta Oest
- Horta Sud
- Ciutat de València
- Plana d'Utiel ou Chaira de Utiel
- Racó d'Ademús ou Rincón de Ademuz
- Ribera Alta
- Ribera Baixa
- Safor
- Serrans
- Vall d'Albaida
- Vall de Cofrents