Provincia de Xirona - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | España | ||
Comunidade autónoma | Cataluña ![]() | ||
Capital | Xirona ![]() | ||
Contén a división administrativa | |||
Poboación | |||
Poboación | 821.108 (2024) ![]() | ||
Xeografía | |||
Superficie | 5.910 km² ![]() | ||
Bañado por | Mar Mediterráneo ![]() | ||
Punto máis alto | Puigpedrós (2.915 m) ![]() | ||
Comparte fronteira con | |||
Organización política | |||
Órgano executivo | Deputación Provincial de Xirona ![]() | ||
• Presidente da Deputación Provincial ![]() | Miquel Noguer i Planas (2018–) ![]() | ||
Identificador descritivo | |||
Código postal | 17 ![]() | ||
Fuso horario | |||
ISO 3166-2 | ES-GI ![]() | ||
Código NUTS | ES512 ![]() | ||
Código INE | 17 ![]() | ||
Sitio web | ddgi.cat… ![]() | ||
![]() ![]() ![]() |
Xirona[1][2][3] (en catalán: Girona, pronunciado [ʒiˈɾonə]) é unha provincia española situada na zona nordés de Cataluña. Limita coas provincias de Barcelona polo sur e oeste; Lleida polo oeste; con Francia e Andorra polo norte e co mar Mediterráneo polo leste.
Un concello da provincia, Llívia, é un enclave separado do resto da provincia, estando rodeado por territorio administrativamente francés.
A provincia contaba con 687.331 habitantes (INE 2006). A súa capital é a cidade de Xirona (en catalán Girona), onde vive algo máis da oitava parte da poboación total.
As comarcas da provincia de Xirona son as seguintes:
- O Alt Empordà
- O Baix Empordà
- A Cerdanya (só a metade oriental)
- A Garrotxa
- O Gironès
- A Pla de l'Estany
- O Ripollès
- A Selva (excepto o municipio de Fogars de la Selva)
Ademais, tamén se inclúen nesta provincia os concellos de Viladrau, Espinelves e Vidrà, que pertencen á comarca de Osona.
Os municipios máis populosos son:
- Xirona 92.186 hab.
- Figueres 41.115 hab.
- Blanes 38.368 hab.
- Lloret de Mar 34.997 hab.
- Olot 32.337 hab.
- Salt 27.673 hab.
- Palafrugell 21.412 hab.
- Sant Feliu de Guíxols 21.155 hab.
- Roses 18.139 hab.
- Banyoles 17.451 hab.
- Palamós 17.400 hab.
- Santa Coloma de Farners 11.090 hab.
- Torroella de Montgrí 10.924 hab.
- Ripoll 10.867 hab.
- Castelló d'Empúries 10.629 hab.
- Calonge 10.009 hab.
- Castell-Platja d'Aro 9.766 hab.
- La Bisbal d'Empordà 9.593 hab.
- L'Escala 9.330 hab.
- Cassà de la Selva 8.994 hab.
- Puigcerdà 8.949 hab.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xerundense.
- ↑ Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1296. ISBN 9788482887524.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1446. ISBN 9788482893419.