Río Guadiana - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tipo | área protexida da rede Natura 2000 río aurífero río principal ![]() | ||
---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | val do río Guadiana ![]() | ||
Inicio | |||
Continente | Europa ![]() | ||
País da cunca | España ![]() | ||
División administrativa | Algarve, Portugal, Alentexo, Portugal, Castela-A Mancha, España, Estremadura, España e Andalucía, España ![]() | ||
Localización | Ojos del Guadiana (pt) ![]() ![]() | ||
Final | |||
División administrativa | Andalucía, España ![]() | ||
Localización | Provincia de Huelva, Ayamonte, Distrito de Faro e Vila Real de Santo António ![]() | ||
Desembocadura | Golfo de Cádiz ![]() | ||
| |||
Afluentes | 29 | ||
Conca hidrográfica | Bacia hidrográfica do Guadiana (pt) ![]() ![]() | ||
Características | |||
Dimensións | 778 (![]() | ||
Superficie da cunca hidrográfica | 67.700 km² ![]() | ||
Área protexida da rede Natura 2000 | |||
Identificador | ![]() ![]() | ||
Medicións | |||
Caudal | 70 m³/s , 23 m³/s ![]() | ||

O río Guadiana (en castelán Guadiana; en portugués Guadiana e Odiana) é un dos ríos máis importantes da Península Ibérica. O seu curso baixo serve de fronteira entre España e Portugal, desembocando entre Ayamonte (provincia de Huelva) e Vila Real de Santo Antonio (distrito de Faro).
Na época do Imperio Romano o curso -que separaba as provincias Baetica e Lusitana- coñecíase como río Ana, segundo cita Plinio o Vello en Naturalis Historia e nos Comentarios á guerra civil de Xulio César, libro I, XXXVIII. O nome actual débese aos poboadores musulmáns, que substituíron o termo "río" en latín (flumen) pola palabra relacionada "val" en árabe: وادي (wādi)[1], dando orixe ao hidrónimo Guadiana: واديان (wadi-ana).[2]

Nace en Fuente del Ojuelo (Viveros, Albacete), no tramo do río Pinilla, ata as Lagoas de Ruidera (folla cartográfica: 788), que forman o chamado Guadiana Vello ou Guadiana Alto. A seguir, atravesa terreos moi permeables, polo que chega a desaparecer e reaparecer nuns pequenos mananciais chamados Ollos do Guadiana, en Villarubia de los Ojos (Cidade Real), no tramo denominado Guadiana medio. En realidade, a causa da sobrexplotación do río e dos afluentes, podemos afirmar que volve nacer unha vez pasado os Ollos do Guadiana. Finalmente, percorre a provincia de Cidade Real e as comunidades de Estremadura e Andalucía (Guadiana propiamente dito), para desembocar no océano Atlántico por Ayamonte (Huelva) (folla cartográfica: 998).
Ó longo dos seus 744 km de curso recibe auga dos seguintes afluentes:
- Guigüela, Záncara e Riánsares pola dereita ou marxe norte.
- Azuer, Jabalón, Zújar e Matachel pola esquerda ou marxe sur.
Canto ó seu réxime fluvial, o Guadiana é de caudal escaso, uns 70 m3/s en Ayamonte, cun máximo en inverno, coincidindo co período de máis choivas. Inmediatamente despois de entrar en Portugal, construíuse o encoro de Alqueva.
En novembro de 1997 produciuse unha grande inundación, con desbordamentos na provincia de Badaxoz e numerosas perdas humanas e materiais.
- ↑ F. Corriente (1991): Diccionario Árabe-Español, 3ª edición, Ed. Herder, ISBN 84-254-1763-5
- ↑ Blázquez, José María (1975). Topónimos romanos de España y su equivalencia actual. Ciclos y Temas de Historia de España.