Río Miñor - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| ||
Tipo | río ![]() | |
---|---|---|
Inicio | ||
División administrativa | Provincia de Pontevedra, España ![]() | |
Localización | Serra do Galiñeiro ![]() | |
Final | ||
División administrativa | Provincia de Pontevedra, España ![]() | |
Localización | baía de Baiona ![]() | |
| ||
Características | ||
Dimensións | 16 (![]() | |
O Miñor é un río pequeno, de 16 km de lonxitude, que morre na estrema común dos concellos de Nigrán e Baiona, entre as parroquias de Santa Cristina da Ramallosa e San Pedro da Ramallosa.
En Ramallosa ten unha importante ponte do románico tardío que une os concellos de Baiona e Nigrán. Augas arriba está a ponte de Mañufe.
Nace na serra do Galiñeiro, a 400 m de altitude. Decorre polo val do seu mesmo nome: o Val Miñor, que ademais dos concellos mencionados comprende o de Gondomar, en cuxo territorio ten o nacente este río. O seu principal afluente é o río de Zamáns.
A súa desembocadura é unha marisma, A Ramallosa, que está dentro da rede Natura 2000, polo seu alto valor ecolóxico, debido especialmente á variedade ornitolóxica que presenta.
- "Miñor". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Alonso Rodríguez, Eliseo (2005). "MIÑOR". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.