Reino de Francia - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
royaume de France (fr) ![]() | ||
Himno | Vive Henri IV (1590) ![]() | |
---|---|---|
Lema | «Montjoie Saint Denis! (pt) ![]() ![]() | |
Localización | ||
| ||
Capital | París (–1682) Versalles (1682–1789) París (1789–) ![]() | |
Poboación | ||
Lingua oficial | lingua francesa ![]() | |
Relixión | catolicismo ![]() | |
Xeografía | ||
Comparte fronteira con | ||
Datos históricos | ||
Precedido por | ||
Creación | 987 (Gregoriano) ![]() | |
Disolución | 4 de setembro de 1791 ![]() | |
Sucedido por | Reino de Francia e Francia ![]() | |
Organización política | ||
Forma de goberno | monarquía absoluta (–1789) monarquía constitucional (1789–1791) aristocratic monarchy (en) ![]() monarquía dual Reino de Francia ![]() | |
Órgano lexislativo | Estados Xerais , ![]() | |
Moeda | libra francesa (pt) ![]() ![]() | |
O Reino de Francia é o nome dado ás diferentes entidades políticas da historia de Francia na Idade Media e Moderna. Segundo os historiadores, a data de creación do reino pódese asociar a un destes tres grandes acontecementos: a adhesión de Clodoveo I en 481 como extensión do Reino Franco; a partición do Imperio Carolinxio en 843 ou a elección de Hugo I en 987. Este reino desapareceu coa Revolución Francesa en 1792 antes de renacer brevemente de 1814 a 1848.
O rei franco Clodoveo I selou a alianza dos reinos francos coa Igrexa católica co seu bautismo. Esta alianza perpetuouse no Reino de Francia mediante a coroación de reis en Reims ata 1824, que os convertía en monarcas por dereito divino. Os primeiros Capetos estaban ansiosos por coroar ao seu fillo maior en vida, xa que a súa autoridade estaba limitada á Illa de Francia. Só a partir de Filipe Augusto (1165 - 1223), máis precisamente 1204, os seus actos oficiais comezaron a utilizar o nome de Rex Franciæ, "rei de Francia"[1] e que puideron realmente tomar nota da autoridade en todo o reino. O territorio deste estaba formado por tenencias feudais dos que o rei de Francia Occidental é o soberano desde a partición en 843 do Imperio Carolinxio.
A integración gradual dos feudos ao dominio real requiriu o establecemento dunha administración real. Lois IX concede unha importancia primordial ao seu papel na xustiza e establécese o Parlamento, o tribunal superior de xustiza. A longa Guerra dos Cen Anos brindou a oportunidade de establecer un exército e impostos permanentes baixo Carlos VII. Richelieu, ministro de Lois XIII, e Lois XIV fortaleceron a autoridade real nas provincias poñendo en liña os gobernadores locais da nobreza e delegando administradores designados polo rei.
A propensión da realeza a exercer un poder cada vez máis absoluto foi cuestionada en períodos de disturbios, guerras civís e os reinados de reis menores. A protesta adquiriu un carácter máis acusado durante a difusión da filosofía da Ilustración e dos valores que transmitiu: goberno da razón, separación de poderes, liberdades individuais, etc. A Revolución Francesa levou á instauración dunha monarquía constitucional. Non obstante, as diferentes fórmulas probadas fallaron sucesivamente en 1792, 1830 e 1848, o que provocou a fin da realeza en Francia.
A Paz de Etaples en (1492) é para algúns, o inicio da historia moderna de Francia. Ó rematar a Guerra dos Cen Anos (1337 - 1453) e a firma do Tratado de Picquingny en (1475), en 1492 e 1493, o rei Carlos VIII de Francia asinou tres tratados adicionais con Henrique VII de Inglaterra, Maximiliano I de Habsburgo e Fernando II de Aragón respectivamente en Étaples o Tratado de Senlis (1493) e o de Barcelona (1493). Estes tres tratados deixaron vía libre a Francia para tomar partido nas Guerras Italianas (1494 - 1559), que marcaron o comezo do moderno reino de Francia.
Tras a morte de Carlos IX asumiu o trono o seu irmán Henrique III, pero á morte de Francisco de Alençon en 1584, irmán e herdeiro do rei católico Henrique III de Francia, converteu a Henrique de Navarra no lexítimo herdeiro de Francia, o que Henrique III debeu admitir, pois as súas irmás estaban fóra da sucesión pola Lei sálica.
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/16/Henry_IV_of_france_by_pourbous_younger.jpg/100px-Henry_IV_of_france_by_pourbous_younger.jpg)
Henrique de Navarra subiu ó trono en 1553 e converteuse no primeiro rei de Francia da dinastía Borbón. Instaurou a paz relixiosa no país, tralas guerras entre católicos e hugonotes, aumentou o poder real deixando de convocar os Estados Xerais e regulamentando o parlamento. Situou a Francia como unha potencia económica en Europa, e levou a cabo políticas para garantir o benestar dos seus súbditos, o que o fixo moi querido polo pobo francés. Durante o seu reinado se fundaron as primeiras colonias francesas no Canadá. Morre asasinado o 14 de maio de 1610 por François Ravaillac, deixando o trono ó seu fillo, Lois.
O reinado de Lois XIII estivo marcado polo sometemento dos Grandes e dos protestantes, así como pola loita contra a dinastía Habsburgo. A imaxe deste rei está inseparablemente ligada á do seu primeiro ministro, o Cardeal Richelieu, quen o axudará na reorientación da monarquía francesa.
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5f/Louis_XIV_of_France.jpg/100px-Louis_XIV_of_France.jpg)
Lois XIV é o rei máis coñecido desta etapa segundo a maioría dos historiadores. Foi alcumado como o Rei Sol. Nado en 1938, ascende ó trono en 1715. Combate en tres grandes guerras (a Guerra de Holanda, a Guerra dos Nove Anos e a Guerra de Sucesión Española), aumenta a influencia de Francia en Europa, non só no político, senón tamén no cultural, con artistas como Molière. Isto fixo que ascendera en prestixio, Francia, a súa lingua, e o seu rei. Morre en 1715, deixando o trono ó seu bisneto, Lois XV.
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2e/Ludvig_XVI_av_Frankrike_portr%C3%A4tterad_av_AF_Callet.jpg/100px-Ludvig_XVI_av_Frankrike_portr%C3%A4tterad_av_AF_Callet.jpg)
Nado en 1754, Lois XVI ascende ó trono de Francia trala morte do seu avó Lois XV en 1774. Casou con María Antonieta, filla de Francisco I de Austria e a emperatriz María Tareixa. Durante o seu reinado crece o descontento popular, debido á escaseza de alimentos e ás subidas dos prezos, debido á súa vez as malas colleitas que se sucedían desde o reinado de Lois XIV. En 1791, tras varios levantamentos e a Toma da Bastilla, convértese en monarca constitucional, tras xurar a nova constitución, e o seu título pasa a ser "Rei dos franceses". Tras un intento de fuxida en 1792 e o Manifesto de Brunswick, proclámase a República en Francia e é xulgado por traizón e condenado á guillotina, onde morre o 21 de xaneiro de 1793 poñendo fin a 203 anos de goberno dos Borbóns. O seu fillo Lois Carlos morrerá na prisión do Temple e nunca chegou a reinar aínda que os monárquicos o recoñeceron como rei tras a morte de Lois XVI.