Retablo - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/77/RD_alter.jpg/220px-RD_alter.jpg)
O retablo é unha construción de madeira, de mármore ou doutro material, labrada, que queda por tras ou por riba do altar e que, normalmente, inclúe un ou máis paneis, pintados ou en baixorrelevo.
Alén da súa riqueza visual e da súa complexidade presentada na súa confección material, os retablos xeralmente tamén comportan múltiplas mensaxes e significados non sempre aparentes a primeira vista. Por exemplo, no retablo dos apóstolos de Friedrich Herlin (ver a fotografía ao lado), ao aumentar a imaxe, pódese constatar que nun dos paneis laterais menores (á dereita) o artista ilustrou a circuncisión de Xesús.
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/60/Main_altarpiece_-_St.Jakob_-_Rothenburg_ob_der_Tauber_-_Germany_2017.jpg/220px-Main_altarpiece_-_St.Jakob_-_Rothenburg_ob_der_Tauber_-_Germany_2017.jpg)
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b0/20041028210012%21Pilar.jpg/220px-20041028210012%21Pilar.jpg)
En culturas diferentes ao cristianismo europeo, como moitas atopadas na Asia (budismo, hinduísmo, xintoísmo etc), tamén xurdiron, en diferentes épocas, expresións artístico-relixiosas cuns padróns semellantes aos do retablo, formados tamén por partes ou paneis detallados con ricos aderezos e detalles visuais, sempre co obxectivo de axudar aos devotos a alcanzar comuñón cun estado espiritual elevado e non mundano.