Roberto I de Dreux - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (fr) Robert Ier de Dreux ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1123 ![]() |
Morte | 11 de outubro de 1188 ![]() |
Lugar de sepultura | Saint-Yved de Braine (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata ![]() |
Outro | |
Título | Conde ![]() |
Familia | Casa de Capeto (pt) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Inês de Baudement (1152 (Gregoriano)–) Harvise d'Évreux (1144 (Gregoriano)–) Agnès de Garlande ![]() |
Fillos | Isabeau of Dreux ( ![]() Anne de Dreux ( ![]() Adèle de Dreux ( ![]() Roberto II de Dreux ( ![]() Henrique de Dreux ( ![]() Alix II de Dreux ( ![]() Philippe de Dreux ( ![]() ![]() |
Pais | Lois VI de Francia ![]() ![]() |
Irmáns | Constanza de Francia, condesa de Tolosa Lois VII de Francia Filipe de Francia, Arquidiácono de París Filipe de Francia Pedro I de Courtenay Enrique de Francia, Arcebispo de Reims ![]() |
![]() |

Roberto I de Dreux, nado en 1123 e finado en Braine en 1188, foi príncipe de Francia e conde de Dreux (1137 - 1184).
Quinto fillo do segundo matrimonio entre o rei Lois VI de Francia e a súa muller Adelaida de Savoia, naceu na corte francesa en 1123. Por liña paterna era neto de Filipe I de Francia e Ana de Kíiv, e por liña materna de Humberto II de Savoia e Xisela de Borgoña. Foi o irmán máis novo do príncipe Henrique de Francia e do futuro rei Lois VII de Francia, así como de Pedro II de Courtenay.
Roberto I participou na segunda cruzada e estivo presente no cerco de Damasco en 1148[1]. En 1154 participou no cerco de Séez, durante a anarquía de Inglaterra[2].
Casou con Inés de Garlande, filla de Anselmo de Garlande, conde de Rochefort, en 1140. Deste matrimonio naceu un fillo:
Casou, en segundas nupcias, en 1144, con Harvisa de Évreux, filla de Gautier de Évreux. Deste matrimonio naceu:
Volveu a casar, por terceira vez, en 1152, coa condesa Inés de Braine. Deste matrimonio naceron:
- o infante Roberto II de Dreux (1154 - 1218), conde de Dreux.
- o infante Henrique de Dreux (1155 - 1199), bispo de Orleans.
- Alicia de Dreux (1156 -v 1217), casou en 1174 con Raúl I de Coucy.
- o infante Filipe de Dreux (1158 - 1217), bispo de Beauvais.
- a infanta Isabel de Dreux (1160 - 1239), casou en 1178 con Hugo III de Broyes.
- o infante Pedro de Dreux (1161 - 1186).
- o infante Guillerme de Dreux (1163 - c. 1189).
- o infante Xoán de Dreux (1164 -d 1189).
- a infanta Mamilia de Dreux (1166 - 1200), relixiosa.
- a infanta Margarida de Dreux (? - 1167), relixiosa.
- ↑ The Second Crusade 1148 Disaster outside Damascus. Osprey. 2009. ISBN 978-1-84603-354-4.
- ↑ King Stephen's Reign (1135-1154) (en anglès). Boydell Press. 2008. ISBN 1843833611.