Rosa Romero Franco - Wikipedia, a enciclopedia libre
- ️Tue Mar 21 2023
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | profesora universitaria ![]() |
![]() ![]() |
Rosa Romero Franco, nada en Dodro en 1961,[1] é a directora da Escola Politécnica Superior de Lugo dende 2022.
Rosa Romero é doutora en ciencias biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela dende 1989.
A súa actividade investigadora está relacionada con dous campos de traballo. Entre os anos 1984 ao ano 1989, investigou no Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola, centrada no estudo da mineraloxía de chans e a súa influencia nas propiedades físicas e química dos chans.[2]
A partir do ano 1990 e a súa incorporación como docente no departamento de Produción Vexetal, inicia unha nova actividade investigadora centrada inicialmente na malherboloxía e posteriormente no campo das a Etnobotánica e aproveitamentos secundarios do Bosque.[2]
- ↑ "Rosa Romero, directora da Escola Politécnica de Lugo: «Sen o campo non hai futuro»". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-03-21. Consultado o 2023-03-21.
- ↑ 2,0 2,1 Administrator. "Rosa Romero Franco". master.juanadevega.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2023. Consultado o 2023-03-21.