Languedoc-Rosellón - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rosellón»)
Languedoc-Roussillon (fr) ![]() | |||
Epónimo | Languedoc e Rossilhão (pt) ![]() ![]() | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
| |||
Estado | Francia ![]() | ||
Capital | Montpellier ![]() | ||
Contén a división administrativa | |||
Poboación | |||
Poboación | 2.729.721 (2013) ![]() | ||
Lingua usada | lingua occitana ![]() | ||
Xeografía | |||
Superficie | 23.376 km² ![]() | ||
Comparte fronteira con | |||
Datos históricos | |||
Creación | 4 de xuño de 1960 ![]() | ||
Disolución | 31 de decembro de 2015 ![]() | ||
Sucedido por | Occitania ![]() | ||
Identificador descritivo | |||
Fuso horario | |||
ISO 3166-2 | FR-K ![]() | ||
Código NUTS | FR81 ![]() | ||
INSEE region code (en) ![]() | 91 ![]() | ||
Languedoc-Rosellón[1][2] ou Languedoc-Roselló[3][4] (en catalán: Llenguadoc-Rosselló, en francés: Languedoc-Roussillon, en occitano: Lengadòc-Rosselhon) é unha antiga rexión francesa que agrupaba cinco departamentos. Estaba bordeada ao sur por España e o mar Mediterráneo (golfo de León) e mais as rexións de Provenza-Alpes-Costa Azul, Ródano-Alpes, Auvernia e Mediodía-Pireneos. Moitos elementos naturais a rodean: os Pireneos, despois as terras do Lauragais, os Cévennes e o río Ródano. Moitos xeógrafos[quen?] falaban dun anfiteatro que mira ao mar, en relación ás montañas e as chairas languedocianas e rosellonesas.
Os seus cinco departamentos eran herdeiros das provincias do Antigo réxime do Languedoc e Rosellón. Eran: o Aude (número 11), o Gard (número 30), o Hérault (número 34), o Lozère (número 48) e os Pireneos Orientais (número 66).
No 2004 o consello rexional adoptou un novo logotipo simbolizando o sol, e que levaba a divisa: "Vivir na Septimania".
Dende o 1 de xaneiro de 2016 forma parte administrativamente da nova rexión de Occitania.[5]
Na época antiga, o Languedoc-Rosellón formaba a provincia Narbonense, incorporada ben cedo ao Imperio romano. No século V, os visigodos instaláronse aquí, fundando a Septimania. Esta provincia foi temporalmente dominada polos árabes, antes de ser conquistada por Carlos Magno, que a denominou marca de Gothie. Na época feudal tivo lugar unha grande fragmentación política: os condados do Rosellón e de Cerdaña, de lingua catalá, pasaron á órbita do reino de Aragón, mentres que o Baixo Languedoc pasou baixo a dominación da casa Trencavel; despois, tras a cruzada albixense baixo a do rei de Francia. O tratado de Corbeil de 1258 ratifica esta división: os Corbières formaban a fronteira entre o reino de Francia e o reino de Aragón. En 1659 o tratado dos Pireneos incorporou o Rosellón e o norte da Cerdaña ao reino de Francia, pero as provincias do Languedoc e do Rosellón quedaron separadas administrativamente.
A política no Languedoc-Rosellón estivo dominada durante tempo pola oposición entre dous persoeiros: Jacques Blanc (presidente do consello rexional durante 18 anos) e Georges Frêche, o seu adversario socialista que o sucedeu en marzo de 2004. Os exministros Claude Allègre e Jean-Claude Gayssot son orixinarios da rexión.
A antiga rexión do Languedoc-Rosellón é moi heteroxénea. A chaira litoral contrasta coas zonas montañosas de Cévennes e os Pireneos, pasando polas mesetas calcarias. As costas rochosas dos Pireneos alternas coas longas praias de area protexendo as bastas lagoas (lagoa de Thau, de Vendres, do Méjean...).
A economía do Languedoc-Rosellón baseábase nun único factor esencial, o "sol", ao servizo de dous sectores vitais: o turismo e a agricultura.
- ↑ Véxase a entrada de «Perpiñán». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1618. ISBN 9788482893600.
- ↑ González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 978-8497370417.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rosellonés.
- ↑ Criterios para o uso da lingua, SNL da Universidade da Coruña, 2012.
- ↑ "Loi n° 2015-29 du 16 janvier 2015 relative à la délimitation des régions, aux élections régionales et départementales et modifiant le calendrier électoral" (en francés). 16 de xaneiro de 2015.