gl.wikipedia.org

Santa Cruz de Moeche, Moeche - Wikipedia, a enciclopedia libre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Santa Cruz e Moeche.

Santa Cruz de Moeche

Moeche.

ConcelloMoeche[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°33′18″N 7°56′48″O / 43.55489167, -7.94663333
Área8,6 km²
Poboación135 hab. (2018)
Densidade15,7 hab./km²
Entidades de poboación24[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Cruz de Moeche é unha parroquia que se localiza no concello de Moeche. Segundo o padrón municipal de 2018 ten 135 habitantes (60 homes, 75 mulleres) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 195 habitantes. A poboación da parroquia está en continuo descenso, xa que aínda que hai algúns nacementos, son superados amplamente polas mortes.

Santa Cruz de Moeche está situada na zona de Ferrolterra (provincia da Coruña). Linda coas parroquias de Labacengos e San Xurxo de Moeche, Moeche, e os concellos das Somozas e Cerdido. Encóntrase separada do concello das Somozas polo río Poulo, afluente do Río Grande de Xuvia, e que é comunmente coñecido como o río Cego.

Santa Cruz encóntrase maioritariamente cuberta de bosque excepto en zonas con alta concentración parcelaria, que se atopan cubertas de cultivos ou herba que se aproveita para o gando. A economía local céntrase basicamente na gandería e no aproveitamento forestal. Das antigas minas de cobre poden aínda atoparse as galerías subterráneas que foron creadas para a extracción do mineral e que agora están esgotadas.

Unha das galerías mineiras abandonadas.

Santa Cruz conta cunha igrexa de estilo barroco do século XV dedicada a Santo Antonio, no lugar do Retorno (esta igrexa conta ademais cun cruceiro da mesma época situado a escasos metros dela), cunha ermida do mesmo estilo dedicada a San Cibrao (recentemente restaurada) e un castro celta aínda sen escavar, no lugar do Castro.

A igrexa da parroquia.

En Santa Cruz celébranse tres festas:

  • O Carme, o 16 de xullo na igrexa.
  • O San Martiño o 11 de novembro, tamén na igrexa.
  • O San Cibrao, na capela á que está adicado.

Estas festas son organizadas polos veciños, que achegan o capital para contratar a orquestra.

  • A capela de San Cibrao, situada a poucos quilómetros da igrexa.

    A capela de San Cibrao, situada a poucos quilómetros da igrexa.

  • Vista de lonxe do cruceiro.

    Vista de lonxe do cruceiro.

  • Vista de cerca do cruceiro.

    Vista de cerca do cruceiro.

  • Panorámica de Santa Cruz de Moeche (ao fondo pódense apreciar polígonos industriais e aeroxeradores pertencentes ao concello das Somozas).

    Panorámica de Santa Cruz de Moeche (ao fondo pódense apreciar polígonos industriais e aeroxeradores pertencentes ao concello das Somozas).

Lugares da parroquia de Santa Cruz de Moeche no concello de Moeche (A Coruña)

Os Acivros | Albariza | Amosa | Aquelabanda | Belocoi | Cardal | Carracedo | Casanova | Casatellada | O Castro | Confurco | Ermida | Esabanda | A Lagoa | Loureiro | Panda | Porto da Pena | O Retorno | Senra | Soutullo | Suomonte | Tellado | O Vilar | Vilazanche

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Moeche

Abade (Santiago) | Labacengos (Santa María) | San Xoán de Moeche (San Xoán) | San Xurxo de Moeche (San Xurxo) | Santa Cruz de Moeche (Santa Cruz)